Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda dá o seu apoio á candidatura de Miguel Domínguez porque “A Cañiza necesita que se presente”

     

     

    Miguel Domínguez apuntou que “a política está para unir e non para dividir, para resolver problemas e non para crealos” e por iso aspira a un goberno que “devolva a ilusión e as ganas por mellorar A Cañiza”

    • O presidente do Partido Popular de Galicia apoiou a candidatura de Miguel Domínguez porque considera que “A Cañiza necesita que se presente”, poñendo en valor a súa experiencia de goberno e tamén na oposición: “Foi oito anos alcalde e os veciños coñéceno, pero tamén estivo catro anos na oposición aprendendo dos erros e das cousas que hai que mellorar”
    • Alfonso Rueda sinalou que Miguel Domínguez, pese a ser o candidato con maior número de votos nas últimas eleccións, non está gobernando porque “outros pensaron máis nos seus intereses persoais que nos da Cañiza” e por iso volveu reivindicar que goberne a forza máis votada: “Ata o último voto é necesario”
    • O líder dos populares galegos preguntouse “onde están todas as promesas e compromisos” que se fixeron ao longo destes catro anos e afeou a actitude de quen pretende destruír a imaxe de Miguel Domínguez: “Cando un non ten idea e chega novo a un sitio, intenta marear a perdiz falando mal dos demais. Pero cando unha persoa gobernou durante oito anos coa confianza maioritaria dos seus veciños e cando lle faltaron moi poucos votos para volver a tela... Algún acerto tería”
    • Alfonso Ruda puxo en valor que Miguel Domínguez “vén sabido” e reivindicou a importancia da experiencia: “Á política hai que vir sabido porque se tes que aprender pérdese moito tempo. Non obstante, cando un ten a sorte de saber o que hai que facer e o que non, as cousas van máis rápido e mellor”
    • Alfonso Rueda concluíu asegurando que o PPdeG terá “moitas alegrías” o 28 de maio e mostrándose convencido de que Miguel Domínguez vai ser alcalde da Cañiza de novo porque ten o mellor equipo para conseguilo: “Cando moita xente está contigo aínda que non esteas gobernando, é porque esa xente pensa que paga a pena que volvas gobernar. Eu penso o mesmo”

     

    MIGUEL DOMÍNGUEZ: “QUERO SER O ALCALDE DOS MEUS VECIÑOS”

    • Pola súa banda, Miguel Domínguez apuntou que “a política está para unir e non para dividir, para resolver problemas e non para crealos” e por iso presentará “unha candidatura que nos permita formar un goberno sen ataduras, sen desquites nin herdanzas, que aporte novas ideas, ofreza solucións aos problemas, que devolva a ilusión e con ganas de mellorar A Cañiza”
    • “Con independencia das diferencias ideolóxicas que teñamos cada un de nós, o que nos une a todos os que escollemos este concello para vivir, para establecer o noso proxecto de vida e a nosa familia é que eueremos unha Cañiza mellor e de futuro”, engadiu
    • Para o candidato á alcaldía é urxente reconducir a situación deste concello e afirmou estar preparado para asumir este reto: “Os veciños xa coñecen como somos no goberno e tamén na oposición. Preséntome á alcaldía do meu pobo, no que vivo e no que pretendo seguir desenvolvendo o meu proxecto de vida e familiar. Quero ser o alcalde dos meus veciños e por iso estou e seguirei estando á súa disposición”
    • “É momento de deixar atrás catro anos do goberno máis caro da historia da Cañiza e o máis ineficaz, catro anos de enganos, de mentiras, de manipulacións, de promesas incumpridas, de investimentos e oportunidades perdidas, de proxectos paralizados, de peches de servizos públicos, de desatención as familias...”, concluíu