Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • A CANDIDATA POPULAR NAVA CASTRO, DESVELA OS SETE PRIMEIROS POSTOS DA LISTA, COAS INCORPORACIÓNS DE RICARDO GONZÁLEZ, FRANCISCO REPRESAS, SILVIA FERNÁNDEZ TÁBOAS E CRISTIAN MONTES

    • Ricardo González, cuarto posto, conta con máis de 15 anos de experiencia no  sector da automoción comercial e é Máster en Pedagoxía e Didáctica
    • Francisco Represas, concelleiro e Xefe de Servizo da Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Xunta de Galicia, ostenta o quinto posto
    • Silvia Fernández Táboas, provén das Novas Xeracións do Partido Popular, é arquitecta e ocupa o sexto posto
    • Cristian Montes, técnico superior en actividades físicas e deportivas, no sétimo posto

     

    Ponteareas, 3 de marzo de 2023. A candidata á alcaldía, Nava Castro, continúa desvelando o equipo co que busca recuperar a alcaldía de Ponteareas. Xunto ao número dous, Rafa Martínez e Raquel Plana, terceira, acompañarán a Castro catro perfís ben diferentes ata o posto sete. Trátase de Ricardo González, os xa edís no actual mandato Francisco Represas, Silvia Fernández Táboas, e Cristian Montes, no posto número sete.

    No posto número catro na lista do Partido Popular figura Ricardo González Alonso, ben coñecido na vila polo seu labor á fronte de diversos servizos de automoción. Ademais Ricardo, complementou a súa carreira profesional cun Máster en Pedagoxía e Didáctica para o profesorado de Formación Profesional, e máis recentemente coa Formación Internacional Integral como profesor de Pilates.

    A continuación, no posto número cinco, repite na lista Francisco Represas Carrera repite na lista. Represas é Xefe de Servizo na Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Xunta de Galicia, ademais de profesor na escola de Enfermería da Universidade de Vigo, a mesma onde acadou o seu doutorado en Endocrinoloxía.

    Pola súa banda, Silvia Fernández Táboas, tamén concelleira actualmente, vai nesta ocasión no sexto posto. Silvia Fernández provén das Novas Xeracións do partido, e exerce como arquitecta logo de terse licenciado na Universidade da Coruña.

    Finalmente, no posto sétimo, incorpórase Cristian Montes Estévez, técnico superior en actividades físicas e deportivas. Actualmente traballa como empregado no sector dos hidrocarburos.

    Con estas confirmacións, Nava Castro vai reforzando o seu equipo de cara aos comicios do vindeiro 28 de maio conxugando a experiencia daqueles que posúen o coñecemento da vida municipal ao ser xa concelleiros coa renovación que aportan os novos perfís da candidatura.