Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Feijóo e Rueda apoian a Nava Castro como candidata á alcaldía de Ponteareas

     

    3 de marzo de 2023. O presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, trasladáronse hoxe ata Ponteareas para mostrar o seu apoio a Nava Castro como candidata á alcaldía e acudir á inauguración da nova sede do PP local.

    Os dirixentes populares tiveron a ocasión de participar neste momento tan importante para a agrupación local xunto a medio millar de afiliados e simpatizantes. Acompañábanos ademais a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López.

    A candidata á alcaldía, Nava Castro, aproveitou a ocasión para poñer en valor a ilusión, as ganas, o compromiso e respaldo do seu equipo. Algo que considera fundamental para que “a partir do 28 de maio Ponteareas volva ter a xestión que se merece e precisa para avanzar”.

    Agradeceu tamén o apoio que está recibindo na rúa, asegurando que percibe “moita ilusión” para lograr o cambio a partir de maio: “Coa axuda de todos, conseguiremos a maioría que nos permita devolver aos veciños a ilusión e a tranquilidade de vivir nun concello seguro, que teña todos os servizos e no que a xente viva a gusto”.