Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Paula Prado pon a Ignacio Maril como exemplo do cambio a mellor que Silleda “necesita e merece”

    • Hoxe, durante a visita á Feira Cimag-GandAgro en Silleda xunto ao coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, o candidato á alcaldía de Silleda, Ignacio Maril, e José Balseiros

     

    3 de marzo de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, realizou esta mañá unha visita á Feira IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandaría, Abanca Cimag-GandAgro; acompañada polo coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, o candidato á alcaldía de Silleda, Ignacio Maril, e José Balseiros.

    A número dous dos populares galegos quixo poñer a Ignacio Maril como exemplo do cambio a mellor que os veciños de Silleda “necesitan e merecen” e mostrouse convencida de que ese cambio será posible a partir do 28 de maio coa victoria do PP.

    Pola súa banda, Ignacio Maril sinalou que o PP aposta pola agricultura e a gandería como principal motor económico de Silleda: “Feiras como estas, supoñen un perfecto escaparate para que os nosos gandeiros e agricultores poden utilizalos nas súas explotacións e obter máis eficiencia e rendemento”.

    Por iso, entende que desde o Concello tense que traballar na mellora dos servizos no rural, sobre todo para fixar poboación e que os gandeiros e agricultores teñan as mesmas condicións que se vivisen na vila. Neste senso, destacou que a conectividade é algo fundamental.

    “Desde o PP estamos comprometidos para facer melloras nos servizos no rural, entendemos que son fundamentais para que, ademais, se poida facer unha remuda xeracional nas explotacións”, concluíu.