Elena Estévez: “Ser a primeira alcaldesa de Bueu foi un hito importante, demostramos que temos capacidade e que non precisamos que nos marquen as pautas”
- A candidata do Partido Popular á alcaldía de Bueu, Elena Estévez, aspira a volver a ser a alcaldesa do seu concello a partir do 28 de maio: “Hoxe fálase moito da importancia de dar visibilidade ao papel da muller, e ser a primeira alcaldesa de Bueu en 2004 supuxo un hito e un momento importante, porque puidemos demostrar que temos capacidade para asumir ese reto con valentía e responsabilidade, e que o facemos sen que ninguén nos marque as pautas. As mulleres somos tan capaces ou máis que calquera home”.
- Destaca que “Bueu é terra, é mar, praias, gastronomía, natureza, cultura… Temos un amplo abano de opcións para gozar. É un concello ao que aínda lle queda moito que descubrir e por dar. Queda por facer unha labor importante para mellorar a nosa imaxe e os nosos servicios”, e amósase convencida de que cunha alcaldesa do PP Bueu dará o mellor de seu.
- Defínese como “unha persoa prudente, que sabe escoitar e moi observadora”, á que lle gusta pasar o seu tempo libre en familia, lendo, bailando ou facendo running: “Son corredora de fondo. Comecei coas andainas, e pouco a pouco fun avanzando. É algo que me gusta, que disfruto. Levo dúas medio maratóns, é un xeito de desconectar da actividade diaria”.
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS
- O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.
- A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías
Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: //www.youtube.com/@ppdegalicia">https://www.youtube.com/@ppdegalicia>
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html