Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PARTIDO POPULAR DE AGOLADA CONVOCA OS VECIÑOS O VINDEIRO SÁBADO AS 21:00 HORAS NA CASA DE CULTURA PARA EXPLICAR A REALIDADE DA SITUACIÓN ECONOMICA DO CONCELLO LOGO DO MANDATO DE LUIS CALVO.

    • Os populares explicarán nesa reunión a situación real da débeda do Concello e dos problemas de tesourería, e achacan a esta situación ao borde da quebra o feito de que Luís Calvo incumprise a súa promesa electoral de realizar unha auditoría económica.
    • A voceira do populares Carmen Seijas afirma que na reunión non se dará un solo dato que non sexa oficial e que non pretenden enganar a ninguén como si fixo o actual rexedor na campaña do 2019 esparcindo bulos sen sustentalos en ningún dato real.
    • Os populares neste exercicio de transparencia non teñen ningún reparo en convidar a participar na reunión ao alcalde para que dé as explicacións pertinentes sobre os datos económicos que se farán chegar ós veciños, e asegúranlle que alí non se lle vai a coartar a liberdade tal e como fai él nos plenos.

     

    Agolada, a 22 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Agolada informa que despois de moito solicitar ó Alcalde Luís Calvo que dese as explicacións aos veciños sobre a situación económica do Concello e evitar falar nada da mesma dende o principio do mandato, vense na obriga de convocar unha reunión informativa da cal viñan advertindo nos últimos meses para facer chegar á veciñanza a realidade das contas dun Goberno que ten Agolada ao borde da quebra.

    Os Populares non entenden porque a dia de hoxe o rexedor Luís Calvo non recoñece que mentiu aos veciños descaradamente sobre a realización dunha auditoría que puxera as contas claras aos veciños tanto dos mandatos anteriores do PP de Ramiro Varela como do seu mandato actual, “non se lle pode dar máis voltas a cuestión, non fai a auditoría por dúas razóns fundamentais,primeiro porque tería que recoñecer a honradez e bo facer do equipo de Ramiro Varela despois de verter mil mentiras rastreiras sen fundamento ningún na anterior campaña electoral, onde non tivo escrúpulos para inventarse cifras, débedas e irregularidades que nunca puído demostrar polo simple feito de que non existiron. Os nosos compañeiros en especial Ramiro e Hector foron moi escrupulosos coa legalidade, cousa que este señor non fai tal e como se pode ver nos múltiples xuízos perdidos con proveedores, traballadores públicos, etc..”, afirma a voceira dos Populares Carmen Seijas, “ a segunda razón é aínda peor, a súa covardía política non lle permite mirar a cara ós veciños para dicirlle que está dilapidando os máis de 800 mil euros de remanentes existentes e metendo ao concello nuns problemas serios de tesourería e débeda que poñen Agolada ao borde da quebra,por exemplo rematou o ano 2021 con 19.000 € nas contas e mais de 400 mil en débedas, algo insostible. O peor, non se lle nota nada o pobo o gasto desmesurado”. Os populares indican que nesta reunión, non poñerán nin sacarán nada que non se poida demostrar con datos oficias, xa que todo o que trasladarán aos veciños serán os diferentes documentos económicos aprobados polo propio Goberno de Luís Calvo (actas de arqueo, contas xerais, etc..), “ non imos a mentir, iso témolo claro, non imos a dar nin sequera opinión, solo imos a trasladar o que din as contas do Concello e que non poderá negar, xa que son as súas propias contas, as que el aprobou”. Os populares desfarán varias falacias como as que os gobernos anteriores eran insostibles, cando o actual goberno e o dobre de caro, ou o feito de acabar coa débeda do Concello debido a boa xestión do PAYJ, cando o que se fixo foi pagar as cuotas dun préstamo sen que Luís Calvo amortizara un solo euro a maiores da cuota que correspondía e que se viña pagando relixiosamente. A candidata a Alcaldía pólo PP Carmen Seijas, asegura que sabemos a ciencia certa que o Alcalde fará todo o posible por desacreditarnos e dicir que mentimos, pólo que ten dende xa a nosa invitación a acudir ao evento e rebater aquelo que considere falso, terá a súa cadeira gardada para achegarse e explicar porque segundo datos oficias do Ministerio de Facenda o Concello de Agolada sendo dos mais pequenos é o que mais debe de todos os do Norte da Provincia de Pontevedra, mais de 700 mil euros, ou porque incumpre sistematicamente o período de pago medio a provedores sendo tamén dos Concellos mais tardóns. Nos non lle imos cortar a súa liberdade como fai el nos plenos, ou mesmo non convocando os mesmos dende fai xa 3 meses”.

    Xa por último os populares piden xa desculpas por anticipado aos veciños que acudan ao acto porque “non poderemos dar toda a información que quixeramos, xa que o Concello néganos o acceso a datos de interese como a débeda real a 31 de decembro de 2022, os cartos que hai nas contas ou incluso datos tan sinxelos como os kilómetros que o equipo de goberno lle fai os coches oficiais que no anterior mandato non existían xa que cada concelleiro empregaba o seu coche particular”.

    A convocatoria é para o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Agolada.