O PP da comarca reclama ao bipartito da Deputación que recupere o apoio ao tecido asociativo da provincia

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP da comarca reclama ao bipartito da Deputación que recupere o apoio ao tecido asociativo da provincia

    O grupo provincial reuniuse hoxe cos alcaldes e voceiros da comarca de Pontevedra

    • Critican a falta de diálogo de Carmela Silva, que segue sen recibir aos alcaldes.
    • Amosan a súa preocupación polo deterioro e a falta de limpeza e desbroce nas estradas provinciais.

     

    Vilaboa, 10 de novembro de 2016.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, reuniuse esta tarde en Vilaboa cos alcaldes e voceiros do PP na comarca de Pontevedra, para comezar a traballar nas propostas que os populares farán de cara aos orzamentos da Deputación de Pontevedra para 2017. Na reunión, á que asistiron representantes populares da cidade de Pontevedra, Vilaboa, Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Poio, Cerdedo-Cotobade e A Lama, insistiron en reclamar ao goberno bipartito que recupere o apoio ao tecido asociativo de toda a provincia que, ao seu xuízo, foron uns dos grandes prexudicados este ano, xunto aos pequenos e medianos concellos da provincia.

    Nesta liña, recordaron que foron moitos os colectivos que non recibiron ningún tipo de apoio este ano da institución provincial, e como exemplo recordaron o PAC e o millón de euros que deixaron de recibir as asociacións veciñais ou as axudas que se repartían entre entidades sociais. Sobre o reparto dos fondos económicos, criticaron tamén que os alcaldes tiveron moitas dúbidas desde o principio, xa que foi un plan improvisado, no que ninguén sabía que incluía realmente e que deixaba fóra, e que reduciu os fondos que estaban recibindo os concellos. Por iso, confiaron en que finalmente Carmela Silva reúna aos rexedores antes do 15 de novembro, tal e como solicitaron hai uns días no rexistro da Deputación, para que lles explique en que vai consistir o Plan Concellos do próximo ano e que cambios vai introducir.

    Precisamente, esta foi outra das críticas amosadas durante a reunión, a falta de diálogo do bipartito e, sobre todo, da presidenta Carmela Silva cos alcaldes da provincia. Recordaron que hai alcaldes da comarca que solicitaron ata en varias ocasións manter un encontro con ela, e que a día de hoxe e meses despois, continúa sen recibilos. Tal é o caso, explicou o voceiro Ángel Moldes, do presidente de Cerdedo-Cotobade, que fixo varias solicitudes que aínda ten pendentes, mentres que si se reuniron xa hai meses coa plataforma antifusión.

    No encontro, os populares tamén coincidiron ao denunciar o estado de deterioro e abandono das estradas provinciais, e insistiron en reclamar ao bipartito que poña as máquinas a funcionar para limpar as vías provinciais e poñelas a punto para garantir maior seguridade a condutores e peóns.