Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP apoia aos veciños de Casalvito ante o abandono do Tripartito

    • Ángel Moldes recorda que ademais de numerosos escritos e peticións dos veciños, hai dous anos que o Pleno aprobou unha moción por unanimidade de todos os grupos “e a situación continúa exactamente igual”, o que motivou unha queixa á valedora do pobo: “É unha cuestión de vontade política para axudar aos veciños que lle falta ao Tripartito”
    • Moldes garante que cun Goberno do PP, a veciñanza sairá do seu abandono e os rapaces de Casalvito terán unha marquesiña para non ter que chegar ao colexio empapados, así como os de moitos lugares de Poio que carecen dela.

     

    21 de novembro de 2022. Membros do Grupo Municipal do PP de Poio, encabezados polo presidente local, Ángel Moldes, concentráronse esta tarde xunto aos veciños de Casalvito para denunciar o abandono do Tripartito e reclamar a marquesiña para os máis pequenos, mediante un acto de protesta baixo á choiva agardando a chegada do transporte escolar.

    Veciños da zona, especialmente pais e nais xunto aos seus fillos, concentráronse esixindo unha “Marquesiña xa!” engadindo que “levamos moito tempo esperando”, xa que pais e nais levan moitos anos presentando escritos e facendo solicitudes, ademais de numerosas peticións do Grupo Municipal popular en comisións, e mesmo unha moción do PP aprobada por unanimidade de todos os grupos en setembro de 2020, é dicir, hai máis de dous, que incluía o acondicionamento da zona anos, “e lamentablemente a situación continúa exactamente igual”.

    Moldes lamentou que durante todos estes anos ao Tripartito faltoulle “vontade política” para solucionar unha demanda real da veciñanza, “e nin sequera son capaces de cumprir os acordos aprobados polo Pleno”.

    “Ano tras ano só hai boas palabras e promesas baleiras pero cando chega o inverno os rapaces chegan ao colexio mollados”, lamentou Moldes.

    Unha vez os alumnos colleron o transporte escolar, o portavoz popular dirixiuse aos pais e nais e garantiulles que, cun Goberno do PP, a veciñanza sairá do seu abandono e os rapaces de Casalvito terán unha marquesiña para non ter que chegar ao colexio empapados dela.