Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Jacobo Moreira se ofrece como interlocutor entre os colectivos sociais e ENCE

     Ante a negativa do BNG a colaborar coas asociacións e colectivos de Pontevedra para participar nas axudas sociais

    • “Non imos permitir que os pontevedreses sexan vítimas de irresponsabilidade do BNG de Lores que antepón os seus intereses ideolóxicos ás necesidades dos veciños”.
    • “Trátase de tres millóns de euros a repartir antes de que finalice o ano, e Pontevedra vai con moito atraso”.
    • Nos vindeiros días, o presidente do PP de Pontevedra iniciará unha rolda de contactos cos colectivos da cidade para informarlles sobre estas axudas.

     

    Pontevedra 9, novembro, 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira, iniciará nos vindeiros días unha serie de encontros e reunións coas asociacións e colectivos da cidade para tratar de facilitarlles a información que lles permita participar das axudas sociais esixidas pola Xunta de Galicia a Ence.

    Así o avanzou este mércores en rolda de prensa, “ante a negativa e a pasividade do Goberno de Lores é preciso dar un paso ao fronte. Non imos permitir que os nosos veciños sexan vítimas da irresponsabilidade dos nacionalistas”, apuntou o portavoz popular.

    “Existe xa un problema de prazos, Pontevedra vai con atraso, pois mentres o Concello de Marín xa iniciou a rolda de contactos cos colectivos do municipio para coñecer as súas demandas, aquí non temos feito nada”, destacou Jacobo Moreira.

    “Son tres millóns de euros a repartir este mesmo ano, e restan menos de oito semanas para rematalo. Nunca antes houbo sobre a mesa tal cantidade de cartos”, lembrou o portavoz popular, “dende un principio fomos esixentes, Ence tiña que devolverlle a Pontevedra todo o que esta lle ofreceu nos últimos tempos. Advertimos tamén que iamos estar vixiantes para que a empresa cumprise as súas obrigas, sobre todo a serie de compromisos que van parellos á concesión da prórroga”, apuntou, “é lamentable que o Concello de Pontevedra, o Goberno de Lores, sexa tan irresponsable, deixando pasar unha ocasión única. Están discriminando aos colectivos de Pontevedra por unha cuestión ideolóxica”, engadiu Jacobo Moreira.

    “O BNG está a entorpecer o reparto duns fondos que, lembremos, non son do Concello, senón de todos os veciños”, puntualizou o presidente local, “aqueles colectivos que van a optar a estas axudas sociais non son nin uns vendidos, nin uns estómagos agradecidos. Lores está mantendo un comportamento totalmente irresponsable”, manifestou. “É necesaria a participación do Concello, é o que mellor coñece o tecido asociativo de Pontevedra, o que está en contacto cos colectivos e coñece as súas necesidades”, apuntou.

    “Estar en contra da continuidade da fábrica non é incompatible con pensar nas necesidades dos colectivos do municipio”, engadiu Jacobo Moreira, “o BNG sempre dixo que Ence debía pagar unha débeda histórica, e agora que van comezar a pagar néganse e, aínda peor, esquecen que gobernan para todos os veciños de Pontevedra, non só para os que seguen a súas directrices”, sentenciou.