Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP advirte que os orzamentos da Deputación para 2023 non dan resposta ás necesidades e urxencias dos concellos da provincia

     

    • Cubela critica que “non pode ser que todo o que sexa para gasto da Deputación aumente, incluídos os gastos de propaganda e autobombo de Carmela Silva, mentres que reducen a súa aportación aos concellos, con todas as dificultades e urxencias que estamos tendo”.
    • López: “Somos o partido que máis se parece á xente, porque estamos permanentemente na rúa, escoitando, interesándonos e preocupándonos polos nosos veciños”.

     

    18, novembro, 2022. O Partido Popular advirte que os orzamentos da Deputación para o anos 2023, que o Bipartito aprobará no pleno deste mes, non dan resposta ás necesidades e urxencias dos concellos e da cidadanía da provincia. Así o explicaron os deputados provinciais onte, nunha reunión en Cangas, á que asistiron o presidente provincial, Luis López, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os voceiros de Cangas, José Enrique Sotelo; Bueu, Elena Estévez, que tamén é deputada provincial; e Moaña, Vicente Verdeal.

    Foi un encontro de traballo no que analizaron a situación da comarca. O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, explicou que “a pesar de que van contar en 2023 con 11 millóns de euros máis, entre o aumento do orzamento provincial e os remanentes, para o Plan Concellos destinan a pedrea de 1 millón de euros e, ademais, reducen as transferencias para os concellos en case un 5%. “Non pode ser que todo o que sexa para gasto da Deputación aumente, incluídos os gastos de propaganda e autobombo de Carmela Silva e de César Mosquera, mentres que reducen a súa aportación aos concellos, con todas as dificultades e urxencias que estamos tendo”.

    Ademais, os populares lamentaron a falta de empatía do Goberno provincial, e entenden que “estes orzamentos anticoncellos son un exemplo claro da desconexión absoluta que teñen cos concellos pequenos e medianos. Non pode ser que todo o que sexa para gasto da Deputación aumente, incluídos os gastos de propaganda e autobombo de Carmela Silva e de César Mosquera, mentres que reducen a súa aportación aos concellos, con todas as dificultades e urxencias que estamos tendo”.

    Unha falta de apoio que, engadiron, tamén se estende aos colectivos culturais, ás entidades veciñais, sociais... “Están pechando as portas e o apoio a asociacións que fan un traballo fundamental e que, hoxe por hoxe, están atravesando moitísimas dificicultades. Sen estas axudas, é moi complicado garantir o mantemento e supervivencia de todo o tecido asociativo da provincia”.

    No que respecta a Cangas, Cubela recordou que o Monte do Facho continúa totalmente abandonado por parte da Deputación de Pontevedra e lamentou que acaben de inaugurar as obras que fixeron na estrada provincial Viso-O Hío con seis anos de retraso. Nesta liña, recordaron que este foi un dos proxectos paralizados por Carmela Silva cando chegou ao Goberno da Deputación de Pontevedra, “e que foi pelexado e reclamado en numerosas ocasións polos veciños do lugar e polo PP local”.

    TRABALLO CARA AS MUNICIPAIS

    Durante o encontro, Luis López tamén aproveitou para pedir aos populares que intensifiquen, aínda máis, o seu traballo nos próximos meses. “Levamos traballando duro todo o mandato, e por iso temos que continuar en cada parroquia e en cada aldea”. Recordou que si hai un partido que aposte polo municipalismo ese é o Partido Popular, con concelleiros en todos os concellos da provincia e deputados provinciais en cada partido xudicial, dispostos a traballar e defender os intereses da veciñanza.

    “Somos o partido que máis se parece á xente e non é por casualidade. É froito do traballo, de estar permanentemente na rúa, escoitando, interesándonos e preocupándonos polos nosos veciños. Se facemos as cousas ben, se traballamos duro estes meses e se estamos preto da xente, propondo e ofrecendo unha alternativa real, podemos lograr grandes resultados e garantir gobernos estables e fortes nos concellos”.