Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Ignacio Maril, candidato único a presidir o Partido Popular de Silleda

     

    • “É un congreso de unidade, de consenso, no que todos temos claro que o único importante é traballar xuntos para garantir en maio o cambio que necesita Silleda”, sinala.

    17, novembro, 22.- O actual voceiro local e deputado provincial, Ignacio Maril, é o único candidato a presidir o Partido Popular de Silleda no congreso local que se celebra o sábado 3 de decembro. Así o ratifica a Comisión Organizadora do Congreso, presidida por José Antonio Pena Fernández, e da que tamén forman parte María Jesús Rodríguez Lastres e Raquel Mejuto Iglesias, tras cuadriplicar os avais mínimos que Ignacio Maril necesitaba para formalizar a súa candidatura.

    Un apoio “fundamental e unánime”, segundo salienta o candidato, e por iso amosa a súa gratitude por este gran respaldo. “É un congreso de unidade, de consenso, no que todos temos claro que o único importante é traballar xuntos para garantir en maio o cambio que necesita Silleda”.

    Nesta liña, Maril di que o obxectivo é claro: “ofrecer un proxecto sólido e serio para facer de Silleda un concello próspero e con máis oportunidades. Somos a alternativa a un Goberno desgastado, sen ideas e sen proxectos, que goberna por inercia”, sinala o popular, que indica que a celebración do congreso local do partido “supón unha ocasión importante para ampliar equipos, seguir sumando xente ao noso proxecto e intensificar a nosa presencia na rúa”.

    A partir de agora, e ata a celebración do congreso, o candidato iniciará unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados para explicar o seu programa para presidir a xunta local e presentar o seu equipo.