Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Nicolás Lorenzo Montes será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Tui

    • O candidato apelou á unidade do partido, “si en maio o centrodereita sae unido, seremos imparables”.
    • Luis López: “ten experiencia en política, en xestión e está moi vencellado con colectivos e coa cidadanía de Tui. E, sobre todo, ten vocación de servizo público, o único que o move é facer cousas polos seus veciños e buscar o desenvolvemento do seu concello”.

     

    13, novembro, 2022. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Tui nas municipais de maio será Nicolás Lorenzo Montes. Hoxe anunciouse a súa candidatura nun acto ao que asistiron o presidente provincial, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, así como membros da xunta local do PP, entre os que estaban o voceiro do grupo municipal, José Ángel Rodríguez, e o deputado autonómico e ex alcalde, Moisés Rodríguez

    Nicolás Lorenzo foi concelleiro do Partido Popular, ten 47 anos, é emprendedor e presidente do Club Baloncesto de Tui. Como carta de presentación, dixo que é “un amante desta cidade. Aquí nacín, aquí crieime, formeime nesta cidade. Aquí vivo, e por iso dóeme ver unha cidade triste e apagada. É momento de recuperar a ilusión”. Aposta por recuperar o espírito do PP de 2011 que deu a maioría absoluta ao Partido Popular, “porque en maio saímos a gañar”. Para conseguir resultados, di que “é fundamental a unidade do partido. Todos somos fundamentais, todos sumamos. Si somos capaces de unir o partido. Si o centrodereita sae unido en maio, seremos imparables”.

    Nesta liña, insistiu en que “o vestiario é onde se conseguen resultados. Si o equipo está unido, a este partido non o para ninguén”. Agradeceu o apoio da xunta local, e puxo como exemplos “o traballo e o apoio de afiliados e militantes do PP de Tui, persoas que o dan todo desde o minuto un, un espello ao que nos temos que mirar todos”.

    Pola súa parte, Luis López destacou “o apoio total e unánime” da xunta local en torno á candidatura de Nicolás, e subliñou que “a unidade é o máis importante para recuperar a alcaldía de Tui”. Nesta liña, pediu traballar todos xuntos, porque despois virán os resultados. “Tede o completo convencemento de que poden pasar cousas coas que ninguén conta e que poden sorprender a todos. Coa unidade do Partido Popular podemos acadar grandes obxectivos e romper coa parálise de Tui”.

    Con respecto ao candidato, o presidente provincial destacou que “é destas persoas que desprenden unha ilusión fóra do común, e iso se transmite e se contaxia”. Pero ademais, recordou que “ten experiencia en política, ten experiencia en xestión e está moi vencellado con colectivos e coa cidadanía de Tui. E, sobre todo, ten vocación de servizo público, o único que o move é facer cousas polos seus veciños e buscar o desenvolvemento do seu concello”.

    Por iso, agradeceu que estea totalmente comprometido para pilotar o Partido Popular de Tui, agradecementos que tamén trasladou a Moisés Rodríguez e a José Ángel Fernández, “xa que o punto de partido no que estamos hoxe é gracias ao bo traballo feito por Moisés e o seu traballo como alcalde de Tui. Pero tamén a José Ángel, porque nun contexto moi complicado encabezou a candidatura do PP en 2019 e foi quen de seguir traballando ata chegar a este punto”.