Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP presenta unha emenda para incluír o enlace á AP-53 en Lamela, Silleda

    • Para Lalín, inclúen a mellora integral da estrada nacional N-640 ao seu paso polo concello; mellora da capa de rodadura da N-525, N-640 e ronda exterior que conecta Goiás co Polígono Industrial Lalín 2000 e a bonificación da peaxe na AP-53.
    • Constenla critica que os orzamentos máis expansivos conxelan as partidas que destinan para a provincia, “son desoladores, e ademais ser malos, non os executan”.

     

    12, novembro, 2022. O Partido Popular presentou unha emenda para reclamar ao Goberno central que inclúa nos Orzamentos Xerais do ano 2023 o enlace á AP-53, en Lamela, desde a N-525, en Silleda.

    O voceiro do PP local, Ignacio Maril, recorda que é unha reivindicación que levan anos facendo, “é un acceso vergonzoso, non hai en todo o país unha situación como esta, e por iso é urxente que o Goberno central actúe e ofreza unha solución definitiva”. Así o denunciou esta mañá en rolda de prensa, xunto ao deputado nacional, Juan Constenla, e a tenente de alcalde de Lalín, Paz Pérez.

    Ademais, Maril amósase sorprendido porque o Goberno local de Silleda non introducise ningunha emenda nin esixise o arranxo deste vial. Ademais, lamenta que durante a visita do Delegado do Goberno a Silleda, “non se falou de investimentos reais para o concello para 2023, senón de liñas de subvencións ás que Silleda concorre do mesmo xeito que o resto de municipios”.

    Por iso, di que “non se están cubrindo as demandas dos veciños de Silleda e, o peor de todo, é que o Goberno local e o alcalde aceptan esta situación. Esta actuación é prioritaria e non se pode renunciar a ela. Unha situación perigosa para todos os que transitan por ela”.

    O deputado nacional, Juan Constenla, explicou que, ademais de esta emenda para Silleda, os populares incluíron outras catro emendas para Lalín e A Estrada. Todas elas por valor de 5,8 millóns de euros e “son infraestruturas moi necesarias para esta comarca”.

    Con respecto a Lalín, os populares reclaman que se inclúan nos orzamentos para 2023 a mellora integral da estrada nacional N-640 ao seu paso polo concello; mellora da capa de rodadura da N-525, N-640 e ronda exterior que conecta Goiás co Polígono Industrial Lalín 2000 e a bonificación da peaxe na AP-53.

    A maiores, as emendas do PP volven a recoller que se inclúa unha partida real para a Variante da Estrada, un proxecto vital para este concello e que leva paralizado varios anos. Explican que a partida que destinan nos orzamentos para este proxecto é simbólica, resulta insuficiente para iniciar os trámites e por iso solicitan que se amplíe a un millón de euros. Din que é unha demanda histórica para evitar tráfico rodado polo centro da Estrada. “Debe de ser o único concello que está cortado por unha nacional con tanto tráfico, o que provoca caos na circulación pero tamén moita inseguridade viaria e numerosos sinistros”, explica Constenla. Por iso, insiste en que “o importante é que a execución das infraestruturas aparezan reflectidas nos orzamentos xerais con partidas reais, porque esa é a única garantía de que as cousas se poden facer, e non aparecen”.

    MÁIS DE CEN EMENDAS PARA A PROVINCIA

    Os deputados nacionais rexistraron máis de cen emendas da provincia aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ascenden a 331 millóns de euros. Unhas emendas que son froito do traballo e da colaboración permanente cos concellos, o que permite “trasladar a Madrid os proxectos e as necesidades reais da provincia, ante uns orzamentos que teñen grandes carencias para Pontevedra”, sinala Juan Constenla. Recorda que os orzamentos máis expansivos conxelan as partidas que destinan para Galicia, “uns orzamentos para esta provincia desoladores e cun porcentaxe de execución que, neste ano 2022, foi do 28% en Galicia. Ademais de ter malos orzamentos, non executan”, denuncia.

    EMENDAS

    CONCELLO

    IMPORTE

    Variante da Estrada

    A Estrada

    1M€

    Para compensar a sociedades concesionarias de autopistas según normativa. AUTOPISTA AP-53

    Lalín

    2M€

    Mejora integral de la carretera nacional N-640 a su paso por el concello de Lalin

    Lalín

    1,2M€

    Mejora de la capa de rodadura de la N-525, N-640 y ronda exterior que conecta Goias con el Polígono Industrial Lalín 2000

    Lalín

    1M€

    Enlace a la AP53 en Lamela (Silleda) desde la N525

    Silleda

    600.000 €