Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PARTIDO POPULAR DE AGOLADA PREGUNTALLE AO ALCALDE CALES SON AS INVERSIÓNS QUE O ESTADO FARÁ NO CONCELLO LOGO DA REUNIÓN MANTIDA CO DELEGADO DO GOBERNO

    •  A voceira dos populares Carmen Seijas pregúntalle por que nesa reunión se fala de inversión en todos os concellos participantes na mesma, Vila de Cruces, Silleda e Forcarei, e non se menciona nada no que corresponde a Agolada.
    • Os populares tildan de nefasto xestor ao Alcalde Luis Calvo por pensar que un Goberno se xestiona mandando unha carta e olvidándose do tema durante dous anos ata que ve que as eleccións se achegan.

     

    Agolada, a 8 de Novembro de 2022.- A Voceira dos Populares Carmen Seijas sae o paso das declaración vertidas polo Alcalde de Agolada chamándolle mentireiros aos do PP e acusándoos de non traer cousas para Agolada por parte do Goberno da Xunta.

    Carmen afirma que nunca os colleu nunha mentira nin o fará, xa  que aquí o único que se adica a verter acusacións e insultos é un Alcalde que ve que o tempo se lle esgota e xa non pode

    convencer aos veciños da súa política de chimpín e foto e nula xestión.

    Para mostra a última foto deste Alcalde negado que está disposto ao que sexa por ter unha esquina nalgún periodico, “onte mesmo acude a unha reunión co Delegado do Goberno en

    Galicia onde se xunta cos Alcaldes de Vila de Cruces, Silleda e Forcarei, e onde se anuncian inversión do Estado para todos os alí presentes menos para Agolada que nin se menciona. Igual como  sempre se olvidou de facer o seu traballo e presentar algún proxecto serio. Nin as beirarrúas da N-640, nin ningunha axuda para mellorar o pobo, como sempre nada, a él sáelle máis barato criticar e non traballar que para eso se lle paga”, afirma Seijas, “claro nin sequera se puido elevar a voz ante o Delegado da denegación do Reac-Pon da Deputación da cal se falou na reunión, xa que co nefasto expediente presentado que non chegou nin a metade do mínimo esixido, caeríalle a cara de vergoña de pedir explicación”.

    As mentiras do Alcalde

    Os populares ademais afirman que é vergoñento que o Alcalde se escude nun escrito mandado a Xunta no ano 2020 para xustificar o seu traballo en prol de mellorar as deficiencias no colexio, “ témosllo dito moitas veces, esto non vai de mandar un escrito con fotos e olvidarse do tema.

    Hai que insistir, solicitar reunións, negociar, en definitiva xestionar as cousas que aquí a ninguén lle regalan nada. Nós en canto soubemos das deficiencias do colexio puxémonos a traballar xunto coa AMPA e agora vanse a corrixir pouco a pouco”.

    En canto ao feito de que os populares menten, pregúntanlle en que, “mentimos cando desfixemos a súa mentira recente de que nunca perdera subvencións? É acaso falso que perdeu a do Plan Marco, a da vivenda comunitaria e o Reac-Pon?, mentimos cando dicimos que pechou o ano 2021 no solo 19.000 euros nas contas e con débedas superiores aos 300.000 euros?, mentimos cando dicimos que hai moitos provedores que teñen débedas escandalosas no Concello de Agolada?. Nós temos probas de todo iso, el solo fala e segue mentindo pensando que lle sigue colando, pero xa non lle vale e por iso agora a uns meses das eleccións pretende salvar a cara soltando bravuconadas e mentiras pola boca”