O PP informa de que o Concello de Poio ten facturas pendentes de pago por máis de 600.000 € que non pode pagar por falta de asignación orzamentaria

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP informa de que o Concello de Poio ten facturas pendentes de pago por máis de 600.000 € que non pode pagar por falta de asignación orzamentaria

    • Un informe de intervención de 25 de outubro chama a atención sobre esta situación sobre a “elevada porcentaxe de execución orzamentaria” e o risco de insuficiencia de crédito.
    • O informe técnico recomenda adoptar unha serie de medidas urxentes para baixar o volume de gastos, como reducir as actividades municipais “ás mínimas obrigatorias”.
    • O informe recorda ademais as infraccións e sancións recollidas na normativa para os responsables municipais que se comprometan a gastos ou fagan pagos sen crédito.

      

    Poio, 9 de novembro de 2016.- O voceiro do PP en asuntos económicos, Juan José Rodríguez Grandal, trasladou a preocupación do seu grupo polas advertencias recollidas nun informe de Intervención de 25 de outubro sobre o elevado importe de facturas pendentes de pago por falta de crédito, por un importe total de 613.917,71 €.

    Rodríguez Grandal subliñou tamén a dureza do informe, que se refire ó “inminente risco de insuficiencia” de crédito para gastos corrientes e o esgotamento do crédito en diversas partidas tanto para gastos como para investimentos.

    O informe tamén recorda en varios puntos a necesidade de solicitar a Intervención un informe previo á tramitación de facturas de máis de 1.500 € e censura que en Poio o procedemento non se segue: o informe advirte que as facturas por importes superiores ós 1.500 € só son admisibles en determinadas circunstancias (“gastos urxentes e imprevisibles”, ou contratos xa existentes, ou luz, teléfono...) e que evidentemente non se corresponden coas facturas que se presentan, o que motiva que se poñan reparos “por omisión de procedemento”, algo “ao que o Concello de Poio tennos demasiado acostumados”.

    Rodríguez Grandal subliñou que o informe solicita “transparencia, planificación e o uso de novas ferramentas electrónicas” por parte do concello e os seus provedores,  e ademais chama a adoptar, con carácter urxente, “medidas de xestión de gasto como reducir as actividades municipais ás mínimas obrigatorias”.

    O concelleiro popular apunta tamén que o servizo de intervención fai fincapé nas infraccións que poden cometer os responsables municipais e posibles consecuencias das mesmas en caso de comprometer gastos e ordenar pagos sen crédito suficiente,  prácticas que os populares levan anos denunciando.

    O contido deste duro informe coñécese ademais poucos días despois de que os populares desvelasen que a edición deste ano da Festa do Mar de Combarro leva costado ás arcas poienses máis de 200.000 € e que saíran á luz algunhas prácticas sospeitosas en relación a facturas de gasto da devandita Festa: “Considerando que aínda quedan por cargarse ó Concello correspondentes a esta festa e que a dous meses de rematar o ano o importe de facturas impagadas por falta de crédito supera os 600.000 €, o goberno municipal vai ter moitas explicacións nas próximas semanas”, rematou Grandal.