Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Marta Fernández-Tapias: “O Goberno central segue sen cumprir con Vigo e Caballero prioriza a defensa de Sánchez e do PSOE por riba de Vigo e dos intereses dos vigueses”

     6, novembro, 2022.

    • A presidenta local do PP de Vigo e candidata á alcaldía considera que o cumio hispano-lusocelebrado este venres en Viana do Castelo foi “unha absoluta decepción” porque “Pedro Sánchez desbotou outra oportunidade de ouro para comprometerse con prazos, certezas e investimentos coa conexión de alta velocidade Vigo-Oporto”
    • “Por moito que os representantes socialistas nese cumio intenten disfrazar a realidade e facernos crer que si houbo un compromiso sobre esa conexión, a única verdade é que nos 13 folios da declaración conxunta da Cimeira Ibérica tan só hai unha frase na que se faga referencia á conexión por alta velocidade con Portugal”, engade
    • Fernández-Tapias fala de “broma de mal gusto” para referirse ao feito de que nos Orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano “tan só se destinen 30.000 euros a esta conexión” e non se contemplen investimentos para o Eixo Atlántico, o tren de mercadorías, a saída sur ou a variante do AVE desde Madrid
    • “Todas estas infraestruturas tan necesarias non están nos Orzamentos simplemente porque Pedro Sánchez non conta con Vigo nin con Galicia e Abel Caballero conséntello”, conclúe
    • Referíndose de forma directa ao rexedor vigués, a presidenta do PP local non dubida en afirmar que “o único que fai Abel Caballero, en lugar de defender os intereses dos vigueses, é lavar a imaxe do seu xefe de filas e consentirlle que siga gobernando de costas a Vigo”
    • De aí que Fernández-Tapias faga un chamamento a que o alcalde de Vigo “defenda os intereses dos vigueses por riba dos seus intereses particulares e dos intereses do PSOE”, ao tempo que reivindica que o Partido Popular vai seguir reclamando “en todas as instancias” esa conexión Vigo-Oporto que consideran “vital para o futuro de Vigo e de Galicia”