Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP recorda que o Goberno galego destina a persoal de atención primaria 134M€ máis do que gastaba o Bipartito

    • Elena Suárez pide ao BNG que explique aos cidadáns por que, si están tan preocupados pola atención sanitaria, votaron en contra da Lei que permite incorporar 11 médicos con praza fixa para cubrir prazas no Salnés.

     

    04, novembro, 2022. A deputada popular, Elena Suárez, pide ao BNG e Ana Pontón seriedade e que deixen de mentir e facer política a costa da sanidade pública galega. “Non nos enganan, queren que a sanidade pública non funcione porque queren facer política a costa dela”, denuncia, e sinala que “lonxe das mentiras do BNG”, o orzamento da Xunta de Galicia para 2023 é maior que o do Bipartito, porque se está investindo máis en persoal, en subministracións e en investimentos para a atención primaria do que investían PSdeG e BNG cando gobernaban.

    Suárez responde así ás declaracións feitas onte por Ana Pontón e a deputada Montse Prado en Vilagarcía de Arousa, e recorda que só para persoal o orzamento do Goberno galego aumenta en 2023 134M€ con respecto a 2009 co Bipartito. “Temos menos poboación, pero invístese máis en persoal e atención primaria e mellóranse os cupos de pacientes por médico. O Goberno galego mantén intacto o nivel de compromiso coa Sanidade pública, e de feito, a Consellería de Sanidade é a que máis orzamento ten. Representa o 39% do orzamento total da Xunta de Galicia”.

    A deputada popular lamenta que “PSOE e BNG calan cando o Goberno de España non actúa nas súas competencias e votan en contra cando a Xunta e o PP actúan nas súas. O único que lles importa é facer política a costa da sanidade dos veciños, sen preocuparse por buscar solucións reais e reclamar a quen ten a competencia para que aumenten as prazas MIR e poder contratar máis médicos de familia. Non son recortes, porque á vista está que hai en 2023 a Xunta conta con máis recursos para Sanidade, é un problema de recursos humanos, e para iso hai que seguir petando na porta do Goberno de España e que dea resposta ás reclamacións de todas as comunidades autónomas”.

    Por iso, esixe ao BNG que explique aos cidadáns por que, si están tan preocupados pola atención sanitaria, votaron en contra da Lei que permite incorporar 11 médicos con praza fixa para cubrir prazas no Salnés.

    AUMENTO DE ORZAMENTOS ATENCIÓN PRIMARIA

    Máis alá do investimento en persoal, os Orzamentos da Xunta para 2023 incrementan un 9,9%, en 137 millóns de euros, os fondos globais dedicados á Atención Primaria, ata superar por primeira vez na historia de Galicia os 1.500 millóns de euros, en coherencia co papel vertebrador que a Xunta quere darlle a este nivel asistencial.

    Ante estes feitos, Elena Suárez lamentou que a única proposta concreta sobre sanidade que fan desde o BNG é a de aumentar en 200 millóns o orzamento de atención primaria.

    A deputada popular lembrou que a voceira do BNG leva repetindo esa mesma proposta cinco anos, desde 2018, cando desde entón ata agora, cinco anos despois, o orzamento da Xunta para a atención primaria xa subiu non só eses 200 millóns, senón máis de 300.

    Suárez afirmou que "se seguiramos o seu razoamento de que en 2018 a atención primaria se arranxaba con 200 millóns hoxe xa estaría arranxada, e sen embargo segue a dicir que está deteriorada".

    Por tanto, concluíu, "sen querer estanos a dar a razón: o problema non está nos cartos senón na falta de médicos dispoñibles para contratar".

    Lamentou, sen embargo, que nese sentido o BNG non estea remando na mesma dirección que outros partidos da súa órbita. Así, mentres os gobernos vasco e catalán dirixidos por partidos nacionalistas apoiaron un manifesto promovido pola Xunta para demandarlle ao Goberno de España reformas que permitan ampliar o número de prazas formativas. Sen embargo, cando o contido dese manifesto foi levado ao Congreso dos Deputados, o BNG desmarcouse dos outros partidos nacionalistas e preferiu votar en contra xunto co PSOE.