Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O Congreso do Partido Popular de Silleda celebrarase o 3 de decembro

    • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana José Antonio Pena Fernández como presidente, María Jesús Rodríguez Lastres e Raquel Mejuto Iglesias.

     

    04, novembro, 2022. O Partido Popular de Silleda celebrará o seu congreso local o sábado 3 de decembro, no que terán dereito a voto os afiliados neste concello. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como a composición da Comisión Organizadora, que estará formada por José Antonio Pena Fernández, como presidente; María Jesús Rodríguez Lastres, como secretaria; e Raquel Mejuto Iglesias, como vocal. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

    PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

    Os afiliados que desexen optar á presidencia local do partido teñen dez días de prazo para presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados locais. A partir de aí, ábrese a campaña electoral interna para que cada candidato explique aos afiliados o seu proxecto para o partido.

    O PP provincial avanza así no reforzo das estruturas locais do partido para afrontar as municipais de maio mellor preparados que nunca. “Hai que ensanchar a base e renovar equipos, con xente que xa estaba e persoas que se están incorporando ao partido; é fundamental mobilizar aos afiliados e simpatizantes e, sobre todo, saír á rúa para escoitar o que precisan e esperan de nós. O PP é un partido de Goberno e presentaremos un proxecto gañador en todos os concellos”, defende o presidente Luis López.