Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Ángel Moldes comprométese a facer realidade a reforma da PO-303 en Samieira se en maio chega ao Goberno de Poio

    • Pide aos tres alcaldes “menos confrontación e máis xestión”, porque “o problema non está en Santiago, témolo en Poio”.

     

    Poio, 02 de novembro de 2022. O voceiro do Partido Popular, Ángel Moldes, comprométese cos veciños de Poio a facer realidade a reforma da PO-303 en Samieira se en maio é elixido alcalde. Critica que BNG e PSOE levan case 30 anos gobernando e non fixeron nada, incluso con gobernos na Xunta do mesmo partido político, e polo tanto non existen desculpas. “O problema non está en Santiago, o problema témolo en Poio”, sentencia.

    Nesta liña, cuestiona que “en vez de estar en confrontación permanente coa Xunta, o que ten que facer o Tripartito é buscar liñas de colaboración e facer propostas. Non podes estar insultando de forma continuada a unha administración que o que queres é que invista no teu concello”.

    E recorda que, a pesar de todos os atrancos que atopa nos 3 alcaldes, “a Xunta é a administración que máis inviste en Poio, e  polo tanto, non se pode estar mordendo a man que che da de comer”.

    Ángel Moldes advirte ao Tripartito “que menos confrontación e máis xestión” e anuncia que si en maio chega ao goberno, os veciños de Samieira non terán que esperar 30 anos para que o BNG e PSOE se acorden deles por estar en vésperas de eleccións municipais, Moldes comprométese a facer realidade a reformar a PO-303 no primeiro mandato.