31, outubro, 2022. Os deputados nacionais do Partido Popular de Pontevedra rexistraron máis de cen emendas da provincia aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ascenden a 331 millóns de euros. Unhas emendas que son froito do traballo e da colaboración permanente cos concellos, o que permite “trasladar a Madrid os proxectos e as necesidades reais da provincia, ante uns orzamentos que teñen grandes carencias para Pontevedra”, explicou o deputado nacional Javier Bas.
Foi durante unha rolda de prensa na que participaron a deputada nacional Ana Pastor, a senadora Pilar Rojo, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, os voceiros de Pontevedra e Vilaboa, Rafa Domínguez e Alberto Acuña, e a concelleira de Poio, Rocío Cochón. “Son as emendas da rúa, as emendas da cidadanía, emendas que en moitos casos están aprobadas nos propios plenos e polas corporacións locais e ás que o Goberno non está chegando. Estanse esquecendo da xente, polo menos da xente de Pontevedra, cuns orzamentos para esta provincia que son desoladores e cun porcentaxe de execución que, neste ano 2022, foi do 28% en Galicia. Ademais de ter malos orzamentos, non executan”, explicou Ana Pastor.
Para a cidade de Pontevedra, Rafa Domínguez, recordou que “están tan avergonzados dos seus orzamentos, que o PSOE tivo que inventar unha partida para apropiarse da obra do novo Montecelo, intentando enganar aos cidadáns e facendo un ridículo monumental”. Entre as emendas dos populares para a cidade, destacou a creación de unha Unidade de Prevención e Reacción para a comisaría; incremento da partida para a remodelación do Nudo de Bombeiros, e recordaron que dos 2 millóns de euros que estaban incluídos nos orzamentos deste ano executaron cero; tamén para a Circunvalación de Pontevedra, que conta cun grao de execución moi baixo (dos 23M€ de 2022, só gastaron 6,7M€), e a segunda fase do paseo de Pontevedra a Marín. “Son emendas lóxicas e coherentes, perfectamente executables. Son o mínimo que se pode esixir”, sinalou e recordou que Pedro Sánchez non fixo ningunha obra de importancia nos últimos anos. Unha mostra tamén, indicou, “do ridículo do BNG en Madrid, socio de investidura de Sánchez. Que a cidade máis importante que goberna teña estes orzamentos só amosa a súa insignificancia”.
Con respecto a Marín, os populares reclaman que se dea continuidade ao Paseo desde Pontevedra, “cuxo segundo tramo quedou evaporado”, denunciou María Ramallo. Ademais, tamén reclaman que se actúe nunha das marxes pendentes da estrada de entrada a Marín. “Dous proxectos apoiados reiteradamente por todos os grupos, e que quedan fóra dos orzamentos para o ano próximo. Cos fondos europeos, que priman as sendas peonís, non hai escusa para non executar estes proxectos”.
Para Poio, as propostas dos populares alcanzan os 1,5M€, e son proxectos “impulsados por compañeiros que coñecen o noso concello e as nosas demandas e que garanten que Poio estea presente”, salientou Rocío Cochón. Así, inclúen a saída da AP-9 en Portosanto e a senda entre A Seca e Combarro, e que permitiría dar continuidade ao tramo executado polo anterior Goberno do PP entre Campelo e a Seca, e que permitiría converter este paseo “nun balcón para a nosa ría”.
En canto a Vilaboa, Alberto Acuña salientou “dúas emendas históricas e claves” para os veciños, como son as pantallas anti ruídos para os núcleos polos que cruza a AP-9 e unha senda peonil pola costa.
Por último, Ana Pastor tamén resaltou outras emendas fundamentais para toda a provincia como é o Corredoiro Atlántico ou novas infraestruturas ferroviarias. “Teñen que apostar polo Corredoiro Atlántico porque é fundamental para o desenvolvemento e competitividade de Galicia e da nosa provincia”.
ENMIENDAS MÁIS SIGNIFICATIVAS DA COMARCA |
CONCELLO |
IMPORTE |
Adecuación y mejora de la PO-11 en Marín. |
MARÍN |
1.500.000,00 |
Itinerario peatonal Pontevedra-Marín (2ª Fase) |
MARÍN - PONTEVEDRA |
2.000.000,00 |
Salida de autopista AP9 en Portosanto (Poio) |
POIO |
800.000,00 |
Itinerario peatonal entre A Seca-Combarro en Poio |
POIO |
700.000,00 |
Creación de una Unidad de Prevención y Reacción (UPR) en la Comisaría de la ciudad de Pontevedra |
PONTEVEDRA |
200.000,00 |
Programa provincial Integral para el aprovechamiento turístico de 18 yacimientos galaico-romanos de la provincia de Pontevedra |
PONTEVEDRA |
1.000.000,00 |
Remodelación del enlace de Pontevedra Norte (Nudo de Bomberos) |
PONTEVEDRA |
5.000.000,00 |
A-57 Vilaboa-A Ermida (6,2 km) (Circunvalación de Pontevedra) |
PONTEVEDRA |
36.000.000,00 |
Archivo Histórico Provincial de Pontevedra |
PONTEVEDRA |
3.000.000,00 |
Actuaciones Corredores TENT-T |
PROVINCIA |
21.000.000,00 |
CORREDOR ATLÁNTICO NOROESTE DE MERCANCÍAS. |
PROVINCIA |
50.000.000,00 |
Nuevas infraestructura ferroviarias |
PROVINCIA |
60.000.000,00 |
Pantallas anti-ruidos en AP-9 en los núcleos de Vilaboa |
VILABOA |
500.000,00 |
Proyecto de senda peatonal por la costa en el ayuntamiento de Vilaboa |
VILABOA |
300.000,00 |