Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Cubela censura que o Goberno provincial cualifique aos concellos e os seus problemas de “parásitos, insolventes e paraísos fiscais”

    • Pardo critica que “a discriminación á provincia” nos orzamentos do Goberno central non mereza ningunha valoración dos grupos provinciais do PSOE e do BNG.
    • “Nas vosas prioridades, nas prioridades do PSOE de Vigo e do BNG de Pontevedra, non están nin os concellos nin os veciños do rural”, en resposta ao rexeitamento para aprobar axudas ás traídas de auga veciñais.

     

    28, outubro, 22.- O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, censurou hoxe durante o pleno que o Goberno Bipartito da Deputación de Pontevedra describise aos concellos “como parásitos, insolventes e paraísos fiscais. Isto é o que hoxe opinou o Goberno provincial dos pequenos e medianos concellos e das súas dificultades e dos problemas que teñen para pagar facturas. Tardaron oito anos, pero hoxe por fin deron a súa opinión”.

    Cubela recordou que “os concellos damos resposta aos veciños en cuestión que son competencia municipal e tamén a outras que non o son, porque somos a administración máis próxima e intentamos resolver os problemas e dificultades. Iso non o sabe este Goberno, porque entre PSOE e BNG teñen vetados na corporación provincial a presencia de alcaldes e alcaldesas”.

    Por iso, criticou que co orzamento máis alto da historia da Deputación, o ano no que vai contar con máis recursos, deciden deixar atrás aos concellos. “A realidade do Plan Concellos é que renuncian a defender e representar os concellos da provincia de Pontevedra”. Durante a súa intervención, recordou que desde o ano 2016, o orzamento da Deputación de Pontevedra incrementouse en 35 millóns de euros “pero os concellos apenas o notaron.  E este ano, entre o aumento do orzamento e os remanentes, hai 11 millóns de euros máis. Para os concellos, unha pedrea. Non é acertado non aumentar máis o Plan Concellos. Desde logo, que é cuestión de prioridades, e as deste goberno quedaron ben claras”.

    Para os populares, o Bipartito “están fomentando a desigualdade na provincia. Mentres os pequenos e medianos concellos estamos ao límite, vostedes seguen priorizando convenios coas dúas cidades. Esta crise está tendo máis impacto e está castigando de xeito máis severo aos concellos pequenos e medianos, porque temos menos marxe de actuación que os grandes. Pero isto a vostedes non lles interesa”.  

    ORZAMENTOS XERAIS

    Durante o pleno, os populares defenderon dúas mocións, unha delas para rexeitar os orzamentos xerais do Estado para a provincia, e a segunda, para reclamar axudas para as traídas de augas veciñais.

    Con respecto á primeira moción, Pepa Pardo denunciou que os orzamentos do Goberno central para 2023 “afectan negativamente á provincia, ao seu crecemento, desenvolvemento e competitividade, pero tamén prexudican aos nosos veciños, a quen se lles asfixia con subidas fiscais”.

    Recordou que os orzamentos non aportan nada novo, son partidas xa contempladas en anteriores presupostos que foron incapaces de executar porque Galicia non lles interesa, só lles interesa manter os seus 22 ministerios e o seu séquito de asesores”. En canto ás cifras, subliñou que “mentres os orzamentos supoñen un incremento medio do 7,6% en España en comparación con este ano, en Galicia se conxelan”. Por último, Pardo dixo que “estamos aquí para defender os intereses da nosa provincia e dos nosos veciños, algo do que parece esquecerse este Goberno provincial”, que votaron en contra da moción, e por iso lamenta que “esta discriminación a Galicia e á provincia” non mereza ningunha valoración dos grupos provinciais do PSOE e do BNG.

    AXUDAS PARA AS TRAÍDAS DE AUGA

    Con respecto á moción para reclamar subvencións para as comunidades de usuarios de augas da provincia, que no rural supoñen o 90% dos casos, Cubela lamentou que o Bipartito busque excusas en lugar de recoñecer que non queren aprobalas porque non está nas súas prioridades.

    “Por que a Deputación de Lugo aprobou hai só un mes esta orde de axudas e vós non? A realidade é que non queredes. Nas vosas prioridades, nas prioridades do PSOE de Vigo e do BNG de Pontevedra, non están nin os concellos nin os veciños do rural”. E recordou que “tamén se dixo nesta casa que non se podía convocar o pleno da cuñada de Carmela Silva e un xuíz dixo que tiñan que facelo”.

    Cubela destacou que estas entidades e infrastruturas son fundamentais para o rural, pero o Goberno “descoñecemen absolutamente do que estamos a falar”. Ademais, recordou a López Font, que pediu á Xunta que aprobe esta liña de axudas, que esta é unha competencia provincial e, aínda así, a Xunta de Galicia leva seis anos convocando subvencións en apoio a colectivos e entidades de augas. “Convidan ao Goberno da Xunta a que fagan isto, cando Alfonso Rueda como vicepresidente xa aprobou esta liña de axudas hai seis anos. Non se enteran. E o concello da provincia que máis subvencións recibe para as súas traídas de auga é Tomiño”.