Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López reúnese en Ponte Caldelas coa xunta local para analizar os retos que teñen por diante

    28, outubro, 22.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, reuniuse en Ponte Caldelas coa xunta local do partido, para analizar os retos que teñen por diante e marcar a axenda de cara as municipais de maio.

    López remarcou a importancia de seguir traballando para visibilizar todas as iniciativas que o PP está facendo na súa labor de oposición municipal, e remarcou o traballo “incansable e serio” do voceiro local, Antón Xil, así como do resto de concelleiros. Nesta liña, subliñou que “non hai partido máis localista que o PP, e cando se está pegado á cidadanía, escoitando e atendendo as súas inquedanzas e preocupacións, é máis fácil acertar”. Por iso, pediu “estar constantemente na rúa. Necesitamos estar máis activos que nunca. Somos o partido que máis se parece á xente e non é por casualidade. É froito do traballo, de estar permanentemente na rúa, escoitando, interesándonos e preocupándonos polos nosos veciños”.

    Na reunión, Luis López estivo acompañado pola secretaria xeral, Luisa Piñeiro, o coordinador comarcal do partido, Alberto Acuña, e o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela.