O PP denuncia o abandono e a falta de desbroce na vía provincial de Berredo a Rodo, en Agolada

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia o abandono e a falta de desbroce na vía provincial de Berredo a Rodo, en Agolada

    • Ramiro Varela denuncia que as estradas “nunca estiveron tan pouco atendidas, hai unha parálise total” e pregunta onde están as máquinas da Deputación.
    • O grupo provincial esixe a Carmela Silva que poña a funcionar o Parque de Maquinarias a pleno rendemento.

     

    Agolada, 08 de novembro de 2016.- Os deputados do grupo provincial visitaron en Agolada a estrada provincial EP-6302 Berredo-Brántega, que une coa tamén estrada provincial a Rodo, en Lalín, para denunciar o abandono e a falta de desbroce que hai tanto nesta como na maior parte das estradas provinciais da comarca do Deza.

    O deputado e alcalde, Ramiro Varela, xunto cos tamén deputados, Belén Cachafeiro e Luis Aragunde, esixen ao goberno bipartito da Deputación de Pontevedra e á súa presidenta, Carmela Silva, que dunha vez por todas poña o Parque de Maquinarias a funcionar a pleno rendemento para dar solución aos problemas e ao estado no que se atopan as vías da provincia.

    Recordaron que esta é a comarca que ten máis quilómetros de vías provinciais, xa que conta con 54 estradas e un total de 307 quilómetros. “As estradas provinciais nunca estiveron tan pouco atendidas, hai unha parálise total”, denuncia o alcalde, que pregunta onde están as máquinas da Deputación.

    Nesta liña, pide que “tomen en serio aos concellos do rural e do interior da provincia. A maleza invade as vías, co perigo que supón para a circulación e, sobre todo, para os peóns”. Os populares salientan que a estrada de Berredo a Rodo é un claro exemplo de como se atopan as estradas da comarca do Deza. “Están nun estado pésimo, parece que non lles preocupa os prexuízos e danos que poden ocasionar, principalmente na seguridade dos usuarios”, critican. Recordan, ademais, que moitos dos alcaldes, e incluso algúns veciños, están asumindo as tarefas de desbroce nos puntos máis conflitivos.