Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP destaca que os orzamentos galegos serán un apoio fundamental para os veciños da área, con maior gasto social, reforzo dos investimentos e novas rebaixas de impostos

    • Alberto Pazos destaca o aumento do orzamento na provincia, que destinará como mínimo 3.913 euros por habitante.

     

    21, outubro, 22.- O deputado autonómico e voceiro do Partido Popular de Pontevedra, Alberto Pazos, destaca que os orzamentos máis altos da historia de Galicia son un apoio fundamental para a área de Vigo, porque inclúen o maior gasto social da historia, o maior reforzo dos investimentos e novas rebaixas de impostos, xa que de promedio, cada veciño da área aforrará 476 en relación ao ano 2009. Unhas contas que, explica, aumentan na provincia de Pontevedra, para a que se destinan 3.689 millóns de euros, ou que é o mesmo, como mínimo 3.913 euros por habitante.

    “As contas amosan uns obxectivos moi claros, que son apoiar a familias e empresas e fortalecer os servizos públicos, cunha aposta clara e decidida pola sanidade pública, o ensino, as políticas sociais e o emprego”. Así, pon en valor que en Política Social inclúense 91 M€, entre os que, entre outras partidas, inclúense 2,5M€ para melloras do CRAPD Vigo e RX Altamar, 16,9M€ en axudas de inclusión social; case 6M€ para a gratuidade das escolas infantís; 3,6M€ para a tarxeta benvida e bono coidado; ou máis de 50M€ para a atención de persoas maiores e dependentes.

    En Sanidade, que entre outras, reservan 6M€ para iniciar o Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, en Vigo; 5,3M€ para reformas de varias unidades no Álvaro Cunqueiro, 5,9M€ para o Centro de Saúde de Moaña; 2,9M€ para rematar a ampliación do Centro de Saúde do Porriño; e 250.000 euros para o proxecto do novo Centro de Saúde de Mos.

    A aposta pola ensinanza do Goberno galego, con maiores e mellores centros de ensino, inclúen o novo IES de Navia e as ampliación dos institutos de Salceda de Caselas e Pedro Floriani de Redondela.

    A través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, auméntase nun 3,18% do investimento na provincia, entre os que se reservan fondos para mellorar o saneamento e depuración en Salvaterra do Miño, Soutomaior ou Ponteareas, e para a mellora da mobilidade 500.000 euros para a mellora da mobilidade no Morrazo; 1 M€ para seguridade viaria e accesibilidade nas estradas autonómicas en Vigo; 2M€ para mobilidade sostible en Beiramar;  ou 6,71M€ para a VAP Tui-A Guarda.

    NOVAS REBAIXAS DE IMPOSTOS

    Ademais do maior gasto social e máis investimentos, Pazos tamén destaca que o orzamento inclúe novas rebaixas de impostos con medidas de alivio fiscal e de fomento da competitividade para axuda a mitigar os efectos da alza de prezos. Nesta liña, di que “hai dous modelos moi claro, o galego, que pensa nas familias e o nacional, cun claro afán recaudatorio”.

    Entre as rebaixas de impostos dos que se beneficiarán tamén os veciños da área de Vigo, inclúense a deflactación, con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2022, dos tres primeiros tramos do IRPF; rebáixanse por cuarta vez en nove anos o IRPF, esta vez o tramo máis baixo para rendas máis modestas; equipárase a efectos fiscais as familias con dous fillos ás familias numerosas; e amplíanse os beneficios fiscais ata os 592M€: son ingresos que a Xunta prefire deixar de ingresar para que revertan principalmente ás familias e fogares.