Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP do Morrazo pide que se incremente en 20 millóns de euros o Plan Concellos da Deputación

    O grupo provincial reuniuse cos voceiros populares do Morrazo

    • Os alcaldes populares da provincia pediron hoxe unha reunión con Carmela Silva para que lles explique os cambios que están previstos no plan e as súas liñas principais.
    • Critican que hoxe están exactamente igual que hai un ano, coas mesmas dúbidas e incertezas sobre o reparto dos fondos provinciais.

     

    Bueu, 07 de novembro de 2016.- A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, e o deputado do Morrazo e voceiro do PP de Cangas, Jose Enrique Sotelo, reuníronse esta tarde cos voceiros populares de Bueu e Moaña e a alcaldesa de Marín para comezar a traballar nas propostas que os populares farán de cara aos orzamentos da Deputación de Pontevedra para 2017. Nidia Arévalo recordou que, alcaldes e alcaldesas levan tres meses esperando a ter unha reunión con Carmela Silva sobre o Plan Concellos, e salientou que a súa proposta pasa porque o próximo ano se incrementen en, como mínimo, 20 millóns de euros os fondos que destinan para os concellos da provincia, pasando así de 40 a 60 millóns de euros.

    Nesta liña, salientou que o fracaso do Plan Concellos é unha evidencia, xa que incluso o propio bipartito anunciou que vai haber cambios. Por este motivo, hoxe precisamente os alcaldes do PP de toda a provincia volveron a presentar por rexistro na Deputación de Pontevedra un escrito solicitando a Carmela Silva unha reunión antes do 15 de novembro. Critican que hoxe están exactamente igual que hai un ano, coas mesmas dúbidas e incertezas sobre o reparto, e por iso queren que lles explique cales son as liñas principais do plan e os cambios que están previstos, a distribución dos recursos económicos e a contía que a Deputación destinará aos concellos en 2017, así como a creación de unha comisión para fixar os criterios de reparto.

    No encontro os populares referíronse tamén ao novo plan de investimentos para concellos de menos de 20.000 habitantes que o goberno provincial presentou a semana pasada, e que son fondos de libre disposición e convenios a dedo repartidos sen ningún criterio obxectivo e aleatoriamente no despacho da presidenta. Nidia Arévalo entende que este plan é para contentar aos alcaldes socialistas e nacionalistas da provincia, que tamén estaban desconformes co Plan Concellos, polo que vén a recoñecer que o orzamento que se destinaba era insuficiente, tal e como denunciaron en multitude de ocasións os deputados populares, e non representaba as demandas reais dos alcaldes e, polo tanto, tampouco dos concellos.

    MENOS FONDOS E MENOS SERVIZOS

    Os voceiros populares insisten en que este ano recibiron “un plan para todo, un engano improvisado no que quixeron meter absolutamente todo e que ao final quedaban atrás moitos dos servizos que se viñan presentando desde a institución provincial”. Así, apuntaron que a día de hoxe o Parque de Maquinarias está infrautilizado, as estradas provinciais están desatendidas, a Deputación xa non está ao lado das asociacións culturais, dos colectivos veciñais e das entidades sociais, como tampouco apoia ás escolas de música nin conservatorios… Por iso, os deputados do PP tamén seguirán reclamando que no próximo documento se inclúan todos estes servizos, así como os proxectos prioritarios para a comarca do Morrazo.