Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Ethel Vázquez mantén unha reunión de traballo con alcaldes e voceiros das comarcas de Pontevedra, Salnés e Vigo

    • Puxo en valor que os orzamentos de 2023 do Goberno galego reservarán unha partida de 10 M€ para reforzar as grandes reservas de auga das contornas urbanas de Galicia-Costa.
    • Tamén valoraron “os orzamentos pírricos” que o Estado destina a Galicia e á provincia.

     

    18, outubro, 2022. Alcaldes e voceiros do PP nas comarcas de Pontevedra, Vigo e O Salnés mantiveron onte pola noite unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas e  Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente provincial, Luis López, na que amosaron a súa preocupación pola situación de seca prolongada nos seus concellos. Durante a sesión, Ethel Vázquez explicou que Galicia sufre unha situación grave de seca que non é exclusiva da comunidade, senón que tamén está a afectar a España e a toda Europa, que vive a peor seca dos últimos 500 anos, segundo constatan os expertos.

    Estas situacións de seca, que son cíclicas, require de planificación e a anticipación. Para iso, a conselleira puxo en valor que os orzamentos de 2023 do Goberno galego reservarán unha partida de 10 M€ para reforzar as grandes reservas de auga das contornas urbanas de Galicia-Costa.

    Ademais, durante o encontro, tamén valoraron “os orzamentos pírricos” que o Estado destina a Galicia e á provincia, que nun contexto xeral de crecemento manteñen as mesmas cifras de investimento que as de 2022, mentres se incrementan noutras autonomías cun menor déficit de infraestruturas.

    Por iso, os populares reclamarán máis investimento destinado ás infraestruturas prioritarias na provincia, como maior impulso ao Corredoiro Atlántico, a saída Sur de Vigo, a Circunvalación de Pontevedra, o Paseo de Marín, a reforma do Nó de Bombeiros, ou as variantes da Estrada e de Pontecesures e Valga, entre outros.