Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López: “hoxe comeza o cambio que en maio levará a Isabel Couselo á alcaldía de Cuntis”

     

    • Destaca o traballo de Couselo como voceira, “pegado ás necesidades da cidadanía”.
    • A presidenta electa sinalou que “é urxente tomar as rendas dun concello con grandes débedas, intervido polo Estado ata 2034 e camiñando cara un estancamento e retroceso nos próximos 12 anos por culpa da xestión socialista dos últimos anos”.

     

    15, outubro, 2022. O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, destacou que “hoxe comeza o cambio que en maio levará a Isabel Couselo á alcaldía de Cuntis”. Considera que, polo seu traballo, coñecemento e experiencia, “é a mellor candidata posible, e ademais é a candidata do Partido Popular”.

    Foi durante a celebración do congreso local do PP de Cuntis, no que foi elixida presidenta local do partido. “Temos a mellor candidata, o mellor equipo e ofreceremos o mellor proxecto, pero é fundamental seguir unidos e intensificar o noso traballo nos próximos meses”, pediu o presidente provincial.

    Defendeu que as eleccións municipais son as máis importantes para os concellos e para os seus veciños, “a política local é a máis próxima á cidadanía, a primeira á que acoden en busca de respostas e da que esperan solucións aos seus problemas”, e por iso entende que é fundamental que recuperen a confianza no Partido Popular.

    “Nós non prometemos cousas que non teñamos demostrado. Basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer os nosos alcaldes para comprobar que somos unha partido no que se pode confiar: A Estrada, Moraña, Portas, Pontecesures, Valga, Campo Lameiro… Concellos gobernados polo Partido Popular. Concellos que son garantía de servizos de calidade, de solvencia, de atención, de crecemento e de estabilidade.  Alí onde gobernamos, os veciños xa saben que os alcaldes do PP son unha aposta segura”.

    Lugués agradeceu o traballo que Couselo leva facendo nos últimos anos como voceira do grupo municipal, “un traballo pegado ás necesidades da cidadanía”. E subliñou que “nunca escoitaredes falar a Isabel nin de discursos baleiros nin de promesas imposibles. Isabel é clara e directa. Sen envoltorios. Está pegada á cidadanía. Sabe que é o que Cuntis precisa, entende o que os veciños queredes e sabe moito de xestionar recursos”.

    En canto á presidenta electa do PP de Cuntis, Isabel Couselo, amosou a súa “ilusión” por asumir esta nova etapa “con forza”, e comprometeuse “a fortalecer e ensanchar o partido, construíndo un equipo forte e preparado para as próximas eleccións de maio, e lograr ese cambio que necesita Cuntis”. Para conseguilo, apostará por unha liña de traballo “baseada na seriedade, a responsabilidade, a rigorosidade, a capacidade de xestión e o respecto”.

    A nova presidenta local sinalou durante a súa intervención que “é urxente tomar as rendas dun concello con grandes débedas, intervido polo Estado ata 2034 e camiñando cara un estancamento e retroceso nos próximos 12 anos por culpa da xestión socialista dos últimos anos”. Amósase convencida de que “o Partido Popular de Cuntis é a única alternativa seria, con capacidade de xestión e de reverter esta situación”.

    PERFIL ISABEL COUSELO

    Naceu en Cuntis en 1977, é enxeñeira técnica de Obras Públicas e enxeñeira técnico Forestal. Funcionaria de carreira A-2 no Concello de Pontevedra como técnico de medio ambiente. Desde 2019 é concelleira na corporación do Concello de Cuntis.