Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Isabel Couselo e Carlos Costa, candidatos únicos a presidir o PP de Cuntis e de Campo Lameiro

     07, outubro, 22.- A voceira do Partido Popular de Cuntis, Isabel Couselo, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, son os únicos candidatos para presidir as súas respectivas xuntas locais, cuxos congresos se celebran os sábados 15 e 22 de outubro, respectivamente.

    Así o ratificaron as Comisións Organizadoras dos Congresos, unha vez rematado o prazo para que os afiliados interesados presentasen as súas candidaturas e os apoios mínimos que marca o regulamento do cónclave.

    No caso de Cuntis, a COC está integrada por María José Liñeira Asorey, como presidenta, Roberto Campos López e Salvador Santiago Pereira Pena, que validaron a candidatura única de Isabel Couselo tras presentar o dobre dos apoios mínimos esixidos.

    Con respecto a Campo Lameiro, a comisión está formada polo ex alcalde Julio Sayáns, como presidente, María de las Nieves Boullosa Ferrín e Haydé Reboredo Coello. E tamén confirmaron a candidatura única de Carlos Costa tras presentar preto de cen apoios, moi superior ás sinaturas mínimas necesarias.

    A partir de agora, os candidatos iniciarán unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados para explicar o seu programa para presidir a xunta local e presentar os seus equipos.