Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP nomea unha nova xestora en Vilagarcía, presidida por Ana Granja

    • Inclúe un total de once integrantes, cuxo primeiro obxectivo é nomear á persoa candidata para as municipais de maio.

     

    29, setembro, 22.- O Partido Popular nomea unha nova xestora en Vilagarcía de Arousa, presidida pola voceira municipal, Ana Granja, e con Raul Santamaría como secretario. Xunto a eles, tamén a integran  os concelleiros Yolanda Bóveda, Roberto Domínguez e Inma Díez, a deputada autonómica Elena Suárez, Lourdes Baños, Juan Maneiro, Marta Rodríguez Arias, Tamara López e Juan Andrés Bayón. Un equipo que combina persoas con experiencia no partido e na política local con novas incorporacións.

    Os membros da xestora reuníronse onte pola noite co presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, un encontro no que tamén participaron a secretaria xeral Luisa Piñeiro, o vicesecretario de Acción Electoral, Javier Tourís e a coordinadora provincial do Salnés, Paz Lago, e que serviu para fixar como obxectivo inmediato do novo órgano dar a coñecer, coa maior brevidade, o nome da persoa candidata ás municipais de maio.

    López pediu unidade, compromiso e traballar de xeito intenso para afrontar as municipais co mellor proxecto e o mellor equipo. “Temos por diante meses nos que temos que multiplicar esforzos. Hai que continuar na rúa, escoitar, facer propostas e xerar confianza. Todos xuntos traballaremos para que facer do PP un partido referente neste concello e conseguir a confianza maioritaria dos veciños”.