Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP de Cuntis celebrará o seu congreso o 15 de outubro

    26, setembro, 22.- O Partido Popular de Cuntis celebrará o seu quinto congreso local o sábado 15 de outubro, no que terán dereito a voto os afiliados locais do partido.

    Para a celebración do Congreso, o PP provincial aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á celebración do cónclave, así como ás persoas que integran a Comisión Organizadora do Congreso, da que forman parte María José Liñeira Asorey, como presidenta, Roberto Campos López e Salvador Santiago Pereira Pena. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

    PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS

    As persoas interesadas en optar á presidencia do partido poden presentar a súa candidatura durante os vindeiros sete días, e terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados locais. Unha vez que a Comisión Organizadora comprobe que cumpre co mínimo esixido, abrirase un período de campaña electoral interna no que as persoas candidatas poden explicar aos afiliados o seu equipo e o seu proxecto para o partido.

    Coa celebración destes congresos, desde o PP provincial queren reforzar as estruturas do partido para afrontar as municipais do ano próximo mellor preparados que nunca e con proxectos fortes nos 61 concellos da provincia. Tras o congreso provincial do 9 de xullo, o PP xa celebrou congresos locais en Dozón e Forcarei, nos que os afiliados elixiron a Adolfo Campos e Belén Cachafeiros, respectivamente, como presidentes locais do partido, e este venres celebrarase o cónclave en Caldas de Reis.