Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López: “Hoxe comeza a forxarse a indiscutible maioría absoluta que Belén Cachafeiro e os veciños van a acadar en Forcarei”

    • Cachafeiro sinala que recuperar a alcaldía “é unha ambición colectiva de moitos focaricenses que non están contentos con esta forma de gobernar, coa propaganda, co autobombo… É unha ambición colectiva para quen ansiamos un concello con futuro, no que se aposte por servizos, por investimentos, por políticas que axuden a fixar poboación no rural”.

    25, setembro, 22.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, sinala que “hoxe comeza a forxarse a indiscutible maioría absoluta que Belén Cachafeiro e todos os veciños van a acadar o 28 de maio en Forcarei”.

    Foi durante a celebración do VI Congreso Local do PP, no que Belén Cachafeiro foi reelixida presidenta local. Durante a súa intervención, López recordou que Forcarei é un dos doce concellos da provincia nos que o PP gañou as eleccións en 2019 pero que os seus gobernos locais “levan máis de tres anos repartidos, e moi mal xestionados, entre os perdedores das municipais”. Por iso, engadiu, “é momento de que Forcarei gañe unha alcaldesa de Forcarei para a xente de Forcarei, e que este disposta a renunciar a todo polo seu concello”.

    López recordou que “Forcarei é un concello do Partido Popular, onde en todas as citas electorais se supera folgadamente o 50% dos votos e só cabe unha vitoria rotunda, unha maioría suficiente nas eleccións de dentro de 246 días”, e puxo como exemplos os gobernos populares de Manolo Brea, David Raposeiras e Belén, “sempre demostrando a nosa preocupación por esta terra e polos veciños”.

    Con respecto á presidenta electa, destacou “que ten moitas vantaxes para volver a ser a alcaldesa de Forcarei, e tamén para que Forcarei volva a ter unha alcaldesa e non unha sede vacante”. Así, dixo que “Belén quere e sinte a Forcarei”, e despois de sete anos e medio de alcaldesa, agora é deputada autonómica no Parlamento Galego, “pero aínda así sempre o dixo, e sempre o tivo claro, que ela quería volver a ser a alcaldesa de Forcarei”.

    Pola súa parte, Belén Cachafeiro agradeceu a confianza de todos os afiliados do partido, e subliñou que, coa celebración deste congreso local, quería renovar o seu compromiso con cada afiliado e con cada veciño de Forcarei. “É certo que a política local é sacrificada, pero é moito máis efectiva e gratificante. Máis próxima, e tamén máis humana”, subliñou.

    Dixo que recuperar a alcaldía de Forcarei “é unha ambición colectiva de moitos focaricenses que non están contentos con esta forma de gobernar, coa propaganda, co autobombo… É unha ambición colectiva para quen ansiamos un concello con futuro, no que se aposte por servizos, por investimentos, por políticas que axuden a fixar poboación no rural”.

    Fronte ao concello de progreso, Cachafeiro lamentou que Forcarei converteuse nos últimos anos, co Goberno socialista de Pichel, nun concello colapsado, sen alcaldesa, sen xestión e sen proxecto. “Nós ofrecemos un partido comprometido, cun proxecto serio e ilusionante. Que administra e resolve os problemas da xente”.

    Para conseguir a maioría absoluta, dixo necesitar de todos e cada un dos afiliados do partido. “Todos sodes imprescindibles. Os afiliados sodes a maior forza do noso partido, o pilar que o sostén, os que sempre estades aí. Sodes a nosa voz, os nosos ollos e os nosos oídos. Necesito a todos os veciños que queiran seguir tirando do carro do progreso... porque nós imos gobernar para todos e para todas as forcaricenses. Temos que manter a mesma ilusión, recuperar a confianza dos que dubidaron e convencer aos indecisos”.