Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López sinala que hai aires de cambio en Salceda de Caselas e pon en valor o traballo do PP local

    • Mantivo unha reunión coa xunta local, para analizar os retos que teñen por diante cara as municipais do ano próximo.
    • Davila recordou que o Partido Popular é o partido da xente, do rural e das familias, e Goberna sempre nos concellos poñendo no centro da política e da xestión aos veciños e as súas necesidades.

     

    22, setembro, 2022. O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión de traballo con concelleiros e afiliados do Partido Popular de Salceda de Caselas, coa vista posta nas eleccións municipais que se celebran en maio. López puxo en valor o traballo de toda a xunta local, “un bo equipo, organizado, que mistura traballo, unidade, proxecto e que contaxia ilusión”, así como do presidente local, Santiago Rodríguez Davila, “sempre pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía”.

    López pediu a toda a xunta local do partido “traballar arreo” para garantir que a partir de xuño Salceda de Caselas conte cun goberno comprometido e serio. “Nós xa gañamos as eleccións”, recordou, “pero é fundamental dar un impulso final para facelo por maioría, porque do contrario, e como xa comprobamos, dous partidos enfrentados, que se levan mal e que discuten, son quen de poñerse de acordo só para evitar que goberne o Partido Popular”.

    Di que “hai aires de cambio”, e recordou que “os veciños o que necesitan son Gobernos que resolvan e tomen decisións”. Nesta liña, os populares recordaron importantes investimentos que o Goberno galego está levando a cabo neste concello, como a senda de Parderrubias, que supón unha transformación para a seguridade e mobilidade dos veciños; a implantación este curso do Bacharelato, unha ensinanza que se ofrece por primeira vez neste concello; ou o inminente inicio das obras de ampliación do instituto e ampliar así a súa capacidade.

    “Fronte á política dos feitos da Xunta, temos un Bipartito local sen proxecto, sen ideas e sen iniciativas, que goberna de costas ás necesidades das familias e sen entender as moitas dificultades que están atravesando neste momento coa grave crise económica que están padecendo familias e autónomos”, subliñou Rodríguez Davila. O popular puxo como exemplos que en dezaséis anos de goberno non ofreceron un só euro en axudas municipais ás familias para afrontar o inicio do curso escolar nin para facilitar a conciliación laboral e familiar durante os meses de verán. “Un dos poucos concellos de toda a provincia que non reparte axuda ningunha ás familias”, denunciou. Ademais, recordou que, “a única gasolineira do concello xa leva dous meses co subministro cortado ao concello por impago reiterado”. 

    Davila recordou que o Partido Popular é o partido da xente, do rural e das familias, e Goberna sempre nos concellos poñendo no centro da política e da xestión aos veciños e as súas necesidades.