15 de setembro de 2022. A ex alcaldesa de Forcarei e deputada autonómica, Belén Cachafeiro, entregou ante a Comisión Organizadora do Congreso, presidida por Vicente Búa Martínez, o triple dos avais mínimos esixidos e convértese así na única candidata a presidir o Partido Popular de Forcarei.
A partir de agora, e ata o 5 de xuño, a candidata iniciará unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados para explicar o seu programa para presidir a xunta local e presentar o seu equipo. O sexto congreso local celebrarase o domingo 25 de setembro.
Cachafeiro amosa a súa ilusión “por seguir traballando para devolver a Forcarei un goberno sólido, estable e comprometido”. Di que “reforzaremos e ampliaremos o noso equipo para seguir sumando xente, intensificar a nosa presencia na rúa e explicar a cada veciño o proxecto do PP para Forcarei. Queremos conseguir nas municipais de maio o cambio urxente que necesita o noso concello e que, despois de catro anos de proba, xa é máis que evidente que só o pode garantir un Goberno do Partido Popular”.