Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP esixe o acondicionamento do Camiño do Rego, en Raxó

    • Presentan unha moción para corrixir os graves problemas de seguridade desta vía municipal, que se atopa no mesmo estado desde hai 15 anos pese ás queixas de veciños e colectivos.
    • O camiño ten un ancho de apenas 2 metros onde non caben un coche e un peón ao mesmo tempo, carece de acceso para vehículos de emerxencias, e o único que separa aos usuarios dunha caída de 15 metros é unha malla oxidada e apoiada na maleza.
    • “Este camiño, abandonado durante máis de 15 anos, co firme nun estado lamentable, sen seguridade peonil nin vial e que non ofrece ningunha protección do perigo aos veciños ou aos coches, é a imaxe do fracaso e o desprezo da veciñanza polo Tripartito”

     

    12 de agosto de 2022. O PP de Poio solicitará no próximo pleno o acondicionamento do camiño do Rego, en Raxó, un vial que é ”un pesadelo para a seguridade e a mobilidade dos veciños que leva 15 anos abandonado polo Concello”.

    Os populares pedirán ao Tripartito “que escoite dunha vez o clamor dos veciños da zona”, que levan máis de 15 anos denunciando os graves problemas de seguridade e de todo tipo do camiño.

    “A situación do camiño impacta”, explicou a concelleira Rocío Cochón, que será a encargada de defender a moción e trasladar as demandas veciñais durante o Pleno.

    O vial presenta moitos problemas graves que tanto veciños como asociaciones denuncian desde hai máis de 15 anos: “Ten un ancho de apenas 2 metros onde cabe xusto un coche, nin sequera poden ir un coche e un peón ao mesmo tempo, e o peón non ten onde apartarse”. Ademáis, a estreitez do camiño “non permite o paso de vehículos de emerxencias, como ambulancias ou coches de bombeiros, algo que xa puxo en perigo a saúde dos veciños en máis dunha ocasión”.

    Ademais, o camiño presenta un firme completamente deteriorado, un estado de falta de limpeza, e o máis impactante: “O único que separa aos coches e aos peóns dunha caída de 15 metros sobre a PO-308 é unha malla de alambre oxidada, precaria e apoiada na maleza”.

    Cochón recordou que o estado do camiño leva así, sen moitas variacións desde hai case dúas décadas: “Unha bomba de reloxería que denunciaron veciños e colectivos, que o PP tamén levou a comisión, que a veciñanza mandou escritos, fixo chamadas e encontros co Goberno local: e como sempre, o Tripartito non atende as demandas da xente”.

    Este camiño, abandonado durante máis de 15 anos, co firme nun estado lamentable, sen seguridade peonil nin vial e que non ofrece ningunha protección do perigo aos veciños ou aos coches, é a imaxe do fracaso e o desprezo da veciñanza polo Tripartito”