Os veciños apoian a variante de Rebón e esixen ao bipartito que retome o proxecto

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os veciños apoian a variante de Rebón e esixen ao bipartito que retome o proxecto

    • A próxima semana volverán a reunirse, a petición dos veciños, para consensuar medias coas que reclamar que continúen cun proxecto que xa estaba en marcha e coas obras iniciadas.
    • A alcaldesa e deputada recorda que o proxecto da variante o elixiron os propios veciños entre as seis alternativas que lles presentaron.
    • Critican que a nova proposta do bipartito non ofrece ningunha solución ao problema de tráfico na EP-0503.

     

    Moraña, 04 de novembro de 2016.- Os veciños de Rebón amosaron esta mañá o seu apoio ao proxecto da variante que se estaba construíndo para solucionar os problemas ocasionados polo fluxo de tráfico e de vehículos pesados na EP-0503 ao seu paso por este lugar, e que anulou o Goberno bipartito da Deputación de Pontevedra. Así se pronunciaron durante unha reunión que mantiveron coa alcaldesa de Moraña e deputada provincial, Luisa Piñeiro, á que lle pediron volverse a reunir a próxima semana para consensuar medidas coas que reclamar entre todos ao goberno provincial que retome un proxecto que xa estaba en marcha e coas obras iniciadas.

    Segundo explicou Luisa Piñeiro, que estivo acompañada pola voceira do grupo provincial do PP, Nidia Arévalo, o obxectivo deste encontro era contarlles aos veciños que viven en Rebón e que sofren cada día este problema como foi evolucionado o proxecto, despois de que hai ano e medio o bipartito provincial decidise de forma unilateral parar unhas obras que xa estaban comezadas e que hoxe estean definitivamente anuladas.

    “O que queda claro hoxe é que os veciños queren a variante e queren volver a este proxecto. Non están conformes coa reforma que propón o bipartito da Deputación, porque non é unha solución ao problema. É simplemente botar unha capa de asfalto, non contempla ningún ensanche nin ningunha ampliación de carril ou de arcén”, denunciou a alcaldesa popular. 

    Luisa Piñeiro apuntou que “é certo que esta estrada a utilizan moitos veciños doutras parroquias de Moraña, porque é unha vía de saída cara Pontevedra, pero os que hoxe estaban reunidos eran os veciños que cada día se enfrontan a situacións de perigo e foron moi claros coa súa opinión”. 

    A alcaldesa e deputada do PP salientou durante a reunión que o único obxectivo que busca é resolver o problema, e recordou que co anterior goberno provincial presentáronse ata seis alternativas e finalmente se optou pola variante porque era a opción que elixiron os veciños. “Témonos reunido con máis de cincuenta veciños para decidir o proxecto, así que eu pregunto por que agora se toman decisións e se fai unha nova proposta desde un despacho e non se consensúa cos afectados?”, engadiu Luisa Piñeiro.

    Sobre as escusas que a xuízo da popular está poñendo o bipartito para xustificar a anulación da obra, Luisa Piñeiro manifestou que “ninguén pode dicir que esta obra era unha ilegalidade porque non hai ningún informe técnico que así o diga, o que teñen é unha resolución de contratos redactados pola Deputación, pero que en ningún caso é un informe técnico dun perito competente nin dos organismos afectados por este proxecto”.