Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA SOLICITA O ARRANXO URXENTE DO SEMÁFORO DA RÚA PROGRESO

    Silleda, 9 de setembro de 2022.- O Partido Popular de Silleda reiterou a solicitude de que se arranxe de xeito urxente o semáforo da Rúa Progreso, xa que leva varios meses avariado, sen que o goberno do señor Cuíña faga nada.

    A situación na que se encontra o cruce desta rúa coa estrada nacional 525, vese agravado aínda máis xa que se unha das arbores colocadas na renovación da rúa impide ver o autor elemento indicador que se encontra instalado no outro lado da beirarrúa, polo que dende as filas populares solicitan tamén a reubicación desta árbore xa que non esta situada no sitio máis idóneo, e supón un risco para a circulación e para os propios peóns.

    Para o voceiro do Partido Popular Ignacio Maril, esta situación e unha mostra máis da nefasta xestión que se esta a levar no Concello de Silleda, e do estado de abandono no que se encontra todo o concello “E incríble como esta situación se pode dar no noso Concello nun dos cruces máis importantes polo tránsito que soporta tanto de vehículos como de peóns, e si o centro de Silleda esta así, pois xa nos podemos imaxinar como estan as parroquias do rural do noso Concello, pero semella que o señor Cuíña e o seu goberno esto dalle igual, porque si non non se entende que esta situación siga así despois de varios meses.”.

    O voceiro popular urxeu o goberno municipal a que acometa a reparación deste semáforo e a reubicación da árbore que prantaron diante deste semáforo, “O señor Cuíña tense que dar conta do problema de seguridade que esta xerando esta situación, e aínda que normalmente non anda por Silleda, invitámolo a que se de unha volta para comprobar o estado no que se atopa este cruce. Xa sabemos que o único que lle interesa a él son as obras, pero o que esta ocorrendo neste punto e unha auténtica vergoña e unha irresponsabilidade, polo que lle esiximos que o arranxen de forma urxente.”.