Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Un Goberno do PP garantirá uns servizos básicos de calidade aos veciños da Caeira e Boavista

    • Ángel Moldes comprométese a presentar un Plan integral para a renovación de servizos nas zonas afectadas por cortes de auga e avarías e adianta que dotará de servizos básicos aos núcleos que carecen deles.
    • Recorda que despois de 27 anos de gobernos de Sobral e os seus socios, miles de veciños carecen de auga ou saneamento ou sofren avarías a diario pola deixación de funcións do Tripartito: “Se os veciños nos dan a súa confianza nas próximas eleccións utilizaremos o novo contrato da auga para facer aquelo ao que deben dedicarse os Gobernos: solucionar os problemas da xente”.
    • Cando os que levan 27 anos no Goberno non foron capaces de solucionar un problema, é unha falta de respecto primeiro negar o problema e insultar por denuncialo e despois prometendo parches: “Acabouse o tempo das mentiras do Tripartito e chegou o momento de actuar para garantir servizos básicos dignos e de calidade. Ese é o noso compromiso”

     

    6 de setembro de 2022. O presidente do PP de Poio, Ángel Moldes, asegurou este martes que un Goberno do PP solucionará as deficiencias nos servizos de auga e saneamento que padecen hoxe en día miles de veciños.

    Moldes trasladou este compromiso aos veciños da Caeira e Boavista durante unha visita á zona, na que escoitou de primeira man as denuncias dos veciños polas constantes avarías e cortes de subministro. Os residentes na zona recordaron que só nos últimos meses sufriron máis dunha decena de avarías de varias horas, con cortes de auga, asolagamentos en casas e garaxes, denunciados repetidamente polo Grupo Municipal en comisións, no Pleno e ante outras instancias.

    Os populares destacaron a “completa falta de respecto aos veciños por parte do Tripartito”, xa que primeiro negaron os problemas, aducindo que eran puntuais e chegando a insultar aos concelleiros do PP, e inmediatamente saíron contradecíndose e recoñecendo “avarías constantes”, prometendo algunha actuación para solucionalo “a partir do ano que vén”

    “Cando os que levan 27 anos no Goberno non foron capaces de solucionar un problema, é unha falta de respecto primeiro negar o problema e insultar por denuncialo e despois chegar a última hora prometendo parches”, destacou Moldes, que volveu a trasladar as queixas veciñais por un “abandono total” do Tripartito con servizos precarios e situacións, nalgún casos, “tercermundistas”, en palabras dos afectados, como “levantarse moitos días sen poder darse unha ducha ou utilizar a auga corrente durante horas”.

    “O noso compromiso é que se nas próximas eleccións os veciños confían en nós e nos outorgan a maioría necesaria para gobernar, aplicaremos un plan integral para solucionar os problemas co subministro de auga na Caeira, en Boavista e noutras zonas e para garantir os servizos básicos aos núcleos que carecen deles, como Vilariño, Fragamoreira e outros”.

    O voceiro popular recordou que despois de 27 anos de gobernos de Sobral e os seus socios, máis de dous mil veciños carecen de auga ou saneamento, moitos outros sofren avarías practicamente a diario pola deixación de funcións do Tripartito: “Se os veciños nos dan a súa confianza nas próximas eleccións utilizaremos o novo contrato da auga para facer aquelo ao que deben dedicarse os Gobernos: solucionar os problemas da xente”.

    CINCO ANOS DE CONTRATO DE AUGA CADUCADO, CINCO ANOS DE MENTIRAS, PARCHES E FALTA DE SERVIZOS BÁSICOS

    Moldes lembrou que en outubro de 2017 o Tripartito anunciou que xa tiña preparado o prego de condicións para o novo contrato da auga, que caducaba ese ano: “O único que fixeron foi deixalo caducar e prorrogalo cinco anos, o máximo que permite a lei, facendo parches e deixando aos veciños sen auga, sen saneamento ou con servizos precarios”. Agora volven dicir que xa teñen plans para facer o que non fixeron en 27 anos, e prometen parches no pleno, pero ao día seguinte recoñecen que en ningún caso se levarían a corto prazo: “O grave non é que nos insulten a nós por denuncialo, o grave é que con cada contradición, con cada mentira e con cada promesa baleira insultan aos veciños.”

    “Acabouse o tempo das mentiras do Tripartito e chegou o momento de actuar para garantir servizos básicos dignos e de calidade. Ese é o noso compromiso”.