Ángel Moldes sinala que o bipartito recupera a libre disposición e o que eles chaman “convenios a dedo” na Deputación

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ángel Moldes sinala que o bipartito recupera a libre disposición e o que eles chaman “convenios a dedo” na Deputación

    Sobre o novo Plan de Investimentos en equipamentos e infraestruturas da Deputación de Pontevedra

    • “Isto non ten nada que ver co anterior equipo de goberno, isto ten que ver co fracaso do Plan Concellos”, apunta.
    • Critica que é “outro desprezo máis do bipartito do diálogo e das ventás abertas”, que toman a decisión unilateralmente a pesar de que os alcaldes levan dous meses esperando por unha reunión.

     

    Pontevedra, 03 de novembro de 2016.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, sinalou esta mañá que o novo Plan de Investimentos en equipamentos e infraestruturas da Deputación de Pontevedra ratifica o fracaso absoluto do Plan Concellos, e “vén a recoñecer que o orzamento que se destinaba era insuficiente e non representaba as demandas reais dos alcaldes e, en definitiva, dos propios concellos”.

    “Isto non ten nada que ver co anterior equipo de goberno, isto ten que ver co fracaso do Plan Concellos, porque é o primeiro exitazo da historia que vai ter que ser modificado aos poucos meses de poñelo en marcha”, apuntou. Ademais, referiuse a que este plan é para contentar aos seus alcaldes, que estaban desconformes co Plan Concellos. Por iso, “o bipartito recupera a libre disposición na Deputación de Pontevedra. Sabemos que son palabras tabú, que levan un ano falando dela como si fora case ilegal, e agora que teñen que volver a estes convenios dados a dedo, que tanto criticaron, e o fan sen ningún criterio obxectivo”.

    Con respecto a este reparto, o voceiro dos populares recordou que os alcaldes levan esperando dous meses a que os reciban, a que o bipartito fale con eles da distribución dos fondos económicos, e agora o deciden unilateralmente. “Outro desprezo máis do bipartito do diálogo e das ventás abertas”, criticou.

    Ángel Moldes entende que “cando aprobas un plan, é porque cres nel, porque confías e tes un criterio propio, pero argumentalo en base a concellos que foron discriminados é unha xustificación que non ten peso nin argumento porque cae por si só”. Por iso, puxo como exemplos os concellos de Forcarei e A Lama, gobernados polo PP, e O Porriño e As Neves, que no mandato anterior estaban dirixidos polos populares. “Din que este plan é para beneficiar concellos que foron discriminados, e ao mesmo tempo catro dos oito concellos incluídos están gobernados tradicionalmente polo Partido Popular. Non ten ningún sentido e desmonta toda a súa teoría”.