Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O grupo provincial do PP critica que o goberno bipartito nin recibe nin contesta aos veciños de Moldes-Mourente

    •  Ángel Moldes comprometeuse a darlle voz ás problemáticas destes veciños no próximo pleno e esixir á presidenta que os reciba coa máxima brevidade.
    • O representante dos veciños lamentan que “lonxe de ser a institución das portas abertas, esta é a Deputación que se esconde”.

     

    Pontevedra, 02 de novembro de 2016.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, reuniuse esta mañá con representantes da asociacións de veciños de Moldes-Mourente, de Pontevedra, que lle trasladaron o seu malestar porque o goberno bipartito da Deputación de Pontevedra nin os recibe nin lles contesta a ningunha das peticións que levan presentadas desde hai xa ano e medio. Ángel Moldes salientou que “esta é a realidade que vivimos nestes meses no bipartito” e amousou a súa sorpresa porque en todo este tempo ningún político acceda a reunirse cos representantes veciñais deste lugar.

    “Non solicitan grandes actuacións, o que piden é colaboración e comunicación entre a asociación e o bipartito para trasladarlle as demandas reais que teñen os veciños de Mourente e para informarse sobre os proxectos que afecta a este lugar”, destacou o voceiro dos populares. Nesta liña, salientou que “ninguén entende o centro Príncipe Felipe sen unha integración real cos veciños de Mourente, como tampouco ninguén entende que se traballe de costas a eles”. Así, apuntou que algunhas das súas demandas son poder usar as instalacións, mantemento do entorno, desbroces...

    Por este motivo, o popular comprometeuse a darlle voz ás problemáticas destes veciños no próximo pleno provincial, e esixir á presidenta a que coa máxima brevidade reciba a este colectivo. “Antes eran recibidos polo propio presidente e polos responsables de área, e agora nesta nova Deputación, con este goberno bipartito que presume de portas e ventás abertas, nin se lles recibe nin se lles contesta aos seus escritos”, engadiu.

    Pola súa parte, Eulogio Sartier, representante do colectivo, insistiu en criticar que onde antes tiñan as portas abertas da Deputación, hoxe ninguén os recibe. “Queremos transmitir as necesidades de Mourente , presentamos solicitudes por rexistro e non obtivemos ningunha resposta. E isto antes non pasaba”. Sobre as cuestións que queren tratar co bipartito provincial, comentou que “non sabemos que pasa coa ronda urbana, nin do novo vial que vai ser compartido entre o Concello e a Deputación, nin de todo o que temos pedido no Príncipe Felipe, como tampouco da posibilidade de poder utilizar o pavillón deportivo deste centro”. Por iso lamentou que “lonxe de ser a institución das portas abertas, esta é a Deputación que se esconde”.