22, xullo, 22.- O voceiro do Partido Popular da provincia de Pontevedra, Jorge Cubela, pronunciouse este venres en relación a “festa a rachar e partidista da Deputación”. Trátase, para o popular, dun “acto político propio do PSOE e do BNG onde so acudiron cargos e militantes de estas formacións”.
Cubela fai fincapé en que trátase dunha “exaltación partidista” que pagarán todos os cidadáns, logo de que a Deputación negásese a tomar ningunha medida para apoiar economicamente os pequenos e medianos concellos na actual crise de prezos.
“Os concellos necesitan deste organismos máis que nunca e ante a pésima situación que vivimos, Carmela Silva non está nin se lle espera”, dixo o popular, que destaca que “non hai nada que celebrar”. O voceiro, pola contra, dixo que esta era a ocasión perfecta para que Silva dese explicacións sobre o enchufe a súa cuñada, “algo que si lle demanda a sociedade”.
“Se logo de sete anos, coas actuais circunstancias económicas, cos nosos veciños sen poder pagar a luz e a compra, que a mellor idea da Deputación sexa celebrar este acto define perfectamente as políticas de Carmela Silva: fóra de toda a realidade social que temos na provincia”, subliña Cubela.
“Os cidadáns, os traballadores e os concellos necesitan da Deputación, non de festas partidistas”, rematou o voceiro.