Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Cuntis denuncia a “desfachatez” do grupo socialista, que incumpre os bandos que emite e continúa co despilfarro de diñeiro, aumentando aínda mais as débedas do Concello

    • Critica o comportamento intolerable do Grupo Socialista, mandando un bando ós veciños e o Concello é o primeiro en incumprilo.
    • “O Alcalde pídelle ós veciños limitar o consumo de auga e evitar regas e o propio Concello leva días chorreando a presión as beirarrúas. E continúase co mesmo comportamento, días despois de emitir o bando, os traballos seguen e o derroche de auga tamén. E para colmo, despilfarro tamén de medios e diñeiro, por actuar en estradas que non son municipais”

     

    Cuntis, 14, xullo, 22.- O PP de Cuntis denuncia o comportamento intolerable do Grupo Socialista, mandando un bando ós veciños e que o Concello sexa o primeiro en incumprilo.

    Para os Populares de Cuntis “resulta inaceptable a actuación do Alcalde, quen o pasado martes emite un bando para aforro de auga, debido a estes meses de verán e as altas temperaturas, e entre as medidas que lle pide ós veciños está limitar o baldeo e a limpeza de rúas. Pero os traballos que se veñen facendo no noso Concello desde fai días, seguen hoxe, aínda despois do bando, e non son simples baldeos, senón chorreos a presión das beirarrúas, nos que o consumo de auga é moi superior”.

    Trátase de traballos necesarios de mantemento das estradas municipais, pero os Populares de Cuntis lamentan a “falta de previsión e coordinación deses traballos, que deberían rematarse fai meses, en atención ó período de seca”.

    Por último, o PP de Cuntis esíxelle ó grupo socialista responsabilidade co gasto do diñeiro de tódolos veciños, e declaran que “coas grandes débedas que ten o noso Concello e que continúan en aumento, e o grupo socialista segue despilfarrando un diñeiro que non temos. Estamos vendo como se fan traballos en estradas autonómicas e estatais e os camiños municipais sen atender. Sen ir mais alá, nese chorreo de beirarrúas”.