Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • “Unha provincia con, para, de todos” é o lema do 19 Congreso do PP de Pontevedra

    • O ex alcalde de Vigo, Manuel Pérez, presidirá a mesa do Congreso.
    • Preto de 1.000 persoas participan este sábado no cónclave dos populares.

     

    05, xullo, 22.- A Comisión Organizadora do 19 Congreso do Partido Popular de Pontevedra (COC) anuncia que o lema do cónclave, que se celebra este sábado é “Unha provincia con, para, de todos”. Segundo explica o presidente da comisión, Alberto Pazos, o obxectivo é enxalzar a importancia que ten a unidade e o municipalismo para os populares, “características fundamentais para construír un proxecto para todos e no que se conta con cada alcalde, cada voceiro e cada militante”. En definitiva, engade, “construír xuntos un proxecto de provincia que garanta gobernos fortes e estables en cada un dos concellos”.

    MESA DO CONGRESO

    Durante a reunión da comisión organizadora, os seus integrantes tamén acordaron a composición da Mesa do Congreso, que será a encargada dirixir, impulsar e velar pola boa marcha da sesión. Así, Manuel Pérez, ex alcalde de Vigo, será o presidente da mesa, da que formarán parte Elena Estévez, voceira do PP de Bueu, como vicepresidenta; Sabela Fole, concelleira en Cambados, como secretaria; e Carmen Seijas, presidenta local de Agolada, e Martín Martínez, concelleiro en Pontevedra, como vogais.

    O 19 Congreso do PP de Pontevedra celebrarase en horario de mañá no Auditorio do Mar de Vigo, no que Luis López é candidato único a presidir o partido. Preto de 1.000 persoas, entre compromisarios e convidados, participarán no cónclave.