Caldas de Reis, 01 de novembro de 2016.- Tras varias xuntanzas con afiliados e responsables do partido en Caldas de Reis durante os pasados meses, nas que se expoñía a necesidade de renovación, a Dirección Provincial do Partido Popular de Pontevedra decidiu designar ao concelleiro José Acha Rodríguez novo presidente da Xestora de Caldas de Reis.
Así se decidiu onte nunha reunión mantida en Caldas, á que asistiron o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, o secretario provincial, José Manuel Cores Tourís e a coordinadora de Organización, Luisa Piñeiro Arcos.
José Acha Rodríguez será polo tanto e a partir de agora o novo responsable de dirixir o partido ata a celebración do Congreso Local. Xunto a el forman parte da nova executiva, que se ampliará nos próximos días ata un total de 25 persoas, o actual voceiro do Grupo Municipal, Miguel Ángel Janza Martínez, Carolina Martínez Silva, José Francisco Alonso Gómez, Silvia María Fariña García, María Vilariño Constenla, David Castro Moraña ou Sara Martínez Salgado.