Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Luis López apela ao traballo e unidade para garantir gobernos estables do PP nos concellos da provincia

     

    • Sinala que os populares son garantía de estabilidade e crecemento alí onde gobernan.
    • Agradece o grande apoio que recibiu dos afiliados para formalizar a súa candidatura, “un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”.

     

    27, xuño, 22.- O candidato a presidir o PP de Pontevedra, Luis López, mantivo un encontro onte pola noite en Vilanova con alcaldes, voceiros e afiliados da comarca, dentro da campaña electoral interna que está realizando de cara ao Congreso provincial que se celebra o sábado 9 de xullo en Vigo.

    López dixo presentarse con “ilusión e preparado” para afrontar os retos que o partido ten por diante. Aposta polo “traballo e a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”.

    Así, marcou tres obxectivos para a súa etapa ao fronte dos populares na provincia: reforzar o partido nos 61 concellos coa mirada postas nas municipais do ano próximo, nos que pretenden mellorar resultados e recuperar alcaldías para o PP; contribuír desde a provincia ao cambio necesario en España con Alberto Núñez Feijóo; e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda. Para conseguilo, prometeu “traballo, unidade sen fisuras, disposición absoluta e apoio ás xuntas locais”.

    O candidato a presidente recordou que o PP é o partido da xente “e por iso debemos intensificar e recuperar o contacto, intensificar a nosa presencia na rúa, para escoitalos, atendelos e entendelos. Só escoitando poderemos acertar”.

    Por último, agradeceu o “grande apoio” que recibiu dos afiliados da provincia, que lle permitiu entregar 2.363 sinaturas para formalizar a súa candidatura a presidente provincial. “Un éxito colectivo, un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”, concluíu.