Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López destaca a condición municipalista do Partido Popular, “somos o partido da xente”

     

    • Agradece o grande apoio que recibiu dos afiliados para formalizar a súa candidatura, “un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”.

    24, xuño, 22.- O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, reuniuse onte con alcaldes, voceiros e afiliados dos concellos do Baixo Miño, dentro da campaña electoral interna cara o congreso provincial que se celebra o sábado 9 de xullo en Vigo. Durante a súa intervención, López destacou que “non  hai partido máis local que o Partido Popular. “Somos o partido da xente”, subliñou, e recordou que na provincia, o PP ten edís nos 61 concellos e deputados provinciais en todos os partidos xudiciais. “Isto é estar coas persoas, escoitalos, atender as súas inquedanzas e defender os seus intereses. O noso partido ofrece alternativas en todos os concellos da provincia”.

    López marcou tres obxectivos para a súa etapa ao fronte dos populares na provincia: reforzar o partido nos 61 concellos coa mirada postas nas municipais do ano próximo, nos que pretenden mellorar resultados e afianzar alcaldías; contribuír desde a provincia ao cambio necesario en España con Alberto Núñez Feijóo; e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda. Para conseguilo, prometeu “traballo, unidade sen fisuras, disposición absoluta e apoio ás xuntas locais”. Apuntou que “o reto é seguir mantendo a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”.

    Por último, agradeceu o “grande apoio” que recibiu dos afiliados da provincia, que lle permitiu entregar 2.363 sinaturas para formalizar a súa candidatura a presidente provincial. “Un éxito colectivo, un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”, concluíu.

    En canto ao equipo, adiantou que o que se constituíu no anterior congreso foi un acerto, e o asume como propio, xa que era o secretario xeral, e por iso vai ser continuísta. “Son persoas municipalistas, cunha bagaxe política moi importante. Esas mulleres e homes son o máis útil que hai a nivel de partido para intentar conseguir estes obxectivos”. Con todo, sinalou que haberá algunha incorporación ao equipo que se anunciará nas vésperas do cónclave.