Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Javier Bas, elixido presidente do PP de Redondela

     
    O PP de Redondela celebrou este sábado o seu 9º Congreso local, no que os afiliados elixiron a Javier Bas como presidente local. Xusto 11 anos desde que tomou posesión como alcalde de Redondela, Bas ofreceu "traballo, ilusión e un cambio de rumbo" para Redondela. "Hoxe comeza un novo proxecto para o noso concello, un proxecto ambicioso e á altura do que merecen os nosos veciños".
     
    Na clausura do congreso participaron o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor. Rueda trasladoulle que nas vindeiras eleccións municipais “non vale simplemente gañar”. 
     
    “Pídovos que aprendamos a lección, que nos deamos conta do que pasou —nos comicios de 2019—, que iso é que pode volver pasar, e que saiamos a dicirllo a todo mundo: hai un líder que precisa unha maioría absoluta. Non hai outra maneira de facelo”, salientou.

    Rueda fixo fincapé na experiencia do novo presidente local, que foi rexedor de Redondela durante 8 anos e actualmente é deputado no Congreso dos Deputados. Ademais, destacou que el e o seu equipo “saben baixar á rúa” e “iso vai dar resultado seguro”.

    Despois de “tres anos de retroceso” en Redondela, augurou que a Javier Bas “hoxe quédalle un ano para ser alcalde”. “Alégrome moitísimo de que tivera a xenerosidade de complicarse a vida unha vez máis e dixera que si, que ten ganas de ser alcalde”, concluíu.