Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O BIPARTITO SALCEDENSE DAS SEÑORAS TOURÓN E CASTIÑEIRA CONFIRMAN QUE O CONCELLO SOLO TEN A DÍA DE HOXE UNHA PARCELA E NON DUAS COMO DABAN A ENTENDER.

    • CO INICIO DO EXPEDIENTE DE REPARCELACIÓN DO POLÍGONO II DO PERI, CONFIRMAN QUE O CONCELLO NON TEN ESA SEGUNDA PARCELA DA QUE PRESUMÍAN TER.
    • UNHA VEZ MÁIS, EMPEZAN A CASA POLO TELLADO, PRIMEIRO PIDEN E LOGO EMPEZAN A BUSCAR O TERREO. CANTO TEMPO TARDAREMOS EN TER EN PROPIEDADE, PLENO DOMINIO E REXISTRADA ANTE NOTARIO ESA SEGUNDA PARCELA DA QUE FALAN A NOME DO CONCELLO?
    • HAI QUE RECORDARLLE O BIPARTITO QUE UNHA VEZ REMATADO TODO ESE PROCESO ADMINISTRATIVO DE REPARCELACIÓN, HAI QUE URBANIZAR PARA QUE AS PARCELAS TEÑAN OS SERVIZOS E FRENTE A VÍA PÚBLICA PARA A SUA VEZ PODER DAR LICENZA MUNICIPAL DE OBRA.
    • QUEN PAGARÁ AS OBRAS DE URBANIZACIÓN (prolongación da rúa, beirarrúas, abastecemento, saneamento, alumeado)? Con que fondos o van acometer? Que datas estiman ter todo?
    • MERECEMOS UN GOBERNO MÁIS SERIO E CREIBLE. SE O PP NON DESTAPASE ESTA MANIPULACIÓN, SEGUIRÍAN PEDINDO UNHA INFRAESTRUTURA CANDO A REALIDADE É QUE NON TEÑEN O TERREO ONDE FACELA.
    • LEVAN DENDE ANOS E ANOS SEN MOVER UN PAPEL EN URBANISMO. NADA DO PXOM, NADA DE MODIFICACIÓNS PUNTUAIS, NADA DE APERTURA OU PROLONGACIÓNS DE RÚAS OU NOVAS RÚAS, NADA DE NOVOS ÁMBITOS, NADA DE POLÍGONO INDUSTRIAL.

    Salceda de Caselas 4 de xuño de 2022. O Grupo Popular está perplexo en como “traballa e actua” o bipartito salcedense, por elo, veñen de manifestar que cada día lles sorprende para mal o seu proceder, demostran cada vez que teñen oportunidade o como non se deben facer as cousas, empezan sempre a casa polo tellado, non teñen unha folla de ruta pola que se guiar, improvisan e tentan dar resposta según lle vaian saíndo os atrancos ou cuestión, non hai coordinación entre as diferentes concellerías, dan ordes distintas os empregados do Concello dependendo de que concelleiro/a a transmite. O malestar no Grupo Popular acrecentase vendo como pretenden manipular e engañar os veciñ@s en temas tan importantes como o de dispor de novas infraestruturas cando a realidade é que non hai os tererenos que dicen ter para as mesmas. Ante estas contradicións, o voceiro popular Santiago Rodríguez Davila, traslada a opinión pública:

    1. “hai dez días pedimos aclaracións o goberno salcedense sobre que pretendían construir sobre a parcela que temos a día de hoxe, non contestaron porque sostiñan que o Concello tiña e había duas parcelas, pois ben! Agora eles mesmos confirman o que nós xa sabíamos de denunciamos, que non hai esa segunda parcela, que non era certo, que non estaban a decir a verdade, que volvían a manipular….por iso agora, e logo de nós “pillalos e destapalo”, inician os trámites de reparcelación para poder tela nun futuro. Ata a propia Alcaldesa recoñece que con esta reparcelación podemos ter a (“disponibilidad de un importante área dotacional para la planificación de servicios básicos”) exacto! Señora Alcaldesa, cousa que non temos e que vostede mesma dixo en declaracións os medios que sí existía.
    2. “canto tempo van tardar en tela en plena propiedade, dominio e rexistrada a nome do Concello? E, quen vai urbanizar e soportar o custe desa urbanización?. Sen urbanizar, sen dotacións de servizo como abastecemento, saneamento, alumeado e sen a prolongación da rúa Mártires de Sobredo para que esa futura parcela teña fronte a vía pública, non é posible dar licenza municipal para poder construir”.
    3. “Quero recordar que a sra. Tenente de Alcaldía e o seu grupo, desmarcáronse da sra. Alcaldesa en públixo, pero tamén é certo que nin uns nin os outros contestaron a pregunta que trasladei fai uns días, polo que volvo solitar que nos digan a verdade e que nos contesten: que pretenden facer sobre a única parcela que existe a día de hoxe o carón do centro de saúde, a galiña azul ou o centro de día?”.
    4. “temos un goberno que empeza todo o revés, neste caso solicitan unha infraestrutura dotacional sobre o mesmo terreo que tiñan solicitado outra e para cuestións diferentres (galiña azul e centro de día), e unha vez que nós o despatamos e o denunciamos, primeiro o negan e agora pretenden enmendalo con este inicio de reparcelación para ter esa segunda parcela que supostamente decían que xa a tiñan. En fin! Elas e eles mesmos se califican polos seus feitos e os salcedenses estou seguro que toman nota delo”.
    5. “ como xa temos dito, non merecemos un goberno que nos trate como a persoas incapaces, que nos mintan, que manipulen e que non sexan serios. Levan moito tempo sen facer case nada administrativamente falando en urbanismo, nada do PXOM, nada de modificacións puntuais, nada de polígono industrial, nada de novos ámbitos, nada de novas zonas a desenrolar, nada de abrir ou prolongar rúas.... Mentras Concellos limítrofes crecen e crean oportunidades para os seus habitantes, aquí perden o tempo en discutir e discrepar públicamante entre o mesmo goberno. Así non vamos ben!Señoras/es do goberno”.