Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP pide á Deputación que medie co Goberno central para esixir o mantemento das liñas de autobús estatais

    • Cubela sinala que o Goberno provincial “non pode nin debe mirar cara outro lado. Dunha vez por todas debe por a institución e os concellos por riba de intereses políticos, e plantarse”.

    02, xuño, 2022.- O grupo provincial do Partido Popular reclama ao Bipartito da Deputación que medie e esixa ao Goberno de Pedro Sánchez que rectifique e manteña as liñas de autobús estatais na provincia. Sinalan que o novo mapa concesional que acaba de presentar o Goberno central “é un auténtico despropósito”, xa que contempla “unha eliminación drástica” de paradas nos percorridos nacionais, que na provincia de Pontevedra afecta a Silleda, Lalín, Forcarei, O Porriño e Tui, suprime tráficos internos dentro de Galicia e promove transbordos nas viaxes de longa distancia que agora non se fan.

    “Un novo ataque á provincia e a Galicia”, subliña o voceiro Jorge Cubela, que denuncia que “están condenando ao rural a unha perda radical de servizos e de conectividade en trasporte público”. Nesta liña, di que “as dificultades de mobilidade no medio rural é un hándicap máis que provoca a perda de poboación, e si o Goberno central en lugar de aumentar as liñas aposta por suprimilas, está provocando un dano irreparable”. Por iso, entende que a Deputación de Pontevedra debe liderar a defensa para manter na provincia este servizo. “Non pode nin debe mirar cara outro lado. Dunha vez por todas debe por a institución e os concellos por riba de intereses políticos, e plantarse ante o Goberno central”, reclama.

    Os populares explican que o Goberno central pretende deixar a máis de 136.000 galegos sen parada de autobús, aludindo á pouca poboación ou á baixa demanda. “Non poden primar a planificación urbana e metropolitana e a rendibilidade económica da mobilidade para prexudicar ao rural”, engaden.

    Ademais, este recorte súmase á Lei de mobilidade sostible, que impulsa o Goberno e que supón suprimir os trens rexionais galegos. “Pedimos que deixen de desmantelar o transporte público rural galego”.