Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio arranca o compromiso do Tripartito de construír un parque infantil municipal en Samieira

    • Os populares celebran o apoio do resto dos grupos a esta proposta do PP, pero advirten que “falta o máis importante, a vontade política de levala á práctica”, e recordan que BNG, PSOE e Avante Poio tiveron 6 anos desde a última vez que se levou a pleno este asunto “e os nenos e nenas de Samieira seguen sen parque”.
    • Recordan que Samieira é a única parroquia que non ten ningún parque infantil municipal despois de 27 anos de gobernos de Luciano Sobral, e que os únicos parques operativos na parroquia son titularidade das Comunidades de Montes “e aínda por riba o Concello non realiza o mantemento ao que se comprometeu”.

     

    Poio, 1 de xuño de 2022. O Pleno de Poio aprobou este martes por unanimidade a moción presentada polo Partido Popular para a construción dun parque infantil de Samieira, que deberá ser “homologado, accesible e amplo” e terá que contar coa opinión dos veciños sobre a ubicación e as características do mesmo.

    A popular Rocío Cochón, que defendeu a moción, destacou que actualmente a parroquia de Samieira é a única que non ten ningún parque infantil municipal despois de 27 anos de gobernos de Luciano Sobral e os seus socios.

    Cochón agradeceu as Comunidades de Montes titulares dos únicos parques infantís que están operativos na parroquia, subliñando que aínda por riba, en numerosas ocasións, o Tripartito non está realizando sequera o mantemento ao que se comprometeu.

    Por iso pediu ao Goberno local que asuma as súas responsabilidades: “Non nos parece moito pedir que en 2022 os nenos e nenas de Samieira poidan ter un parque municipal homologado, accesible, inclusivo e amplo e que os veciños da parroquia poidan participar na súa planificación”.

    A popular recordou que o PP xa levou unha moción similar a pleno en xuño de 2016 e destacou que “na votación daquel día pode verse o fracaso absoluto do Tripartito”, apuntando que nese pleno BNG e PSOE votaron en contra, dicindo, como sempre, que “xa estaban traballando no asunto”, e Silvia Díaz, daquela na oposición, votou a favor.

    Uns e outros, seis anos despois daquel día e pasados tres anos de Tripartito, non fixeron nada, polo que: “todos defraudaron aos veciños de Samieira”.

    Cochón sorprendeuse das reticencias do Tripartito a facilitar que os veciños poidan participar na planificación do parque, e subliñou que BNG, PSOE e Avante Poio “non poden presentarlle nada aos veciños porque teñen que ir tres, catro ou cinco e pelexarse por ver quen llo vende”, pero destacou que é tan sinxelo como “reunirse cos veciños, falar cos eles e coñecer donde e como prefiren o parque” para despois intentar encaixar as súas preferencias cos criterios técnicos.

    Tras a votación unánime, Cochón dixo que era unha satisfacción o apoio dos resto dos grupos “pero vistos os antecedentes non nos dá ningunha confianza, porque os partidos de goberno tiveron 6 anos desde a última vez que se levou a pleno este asunto “e os nenos e nenas de Samieira seguen sen parque”.

    Por ese motivo, Cochón anunciou que se no ano que queda ata as eleccións o Tripartito segue sen cumprir os acordos do Pleno e non constrúe o parque, e se os veciños dan a súa confianza á candidatura encabezada por Ángel Moldes, “os veciños de Samieira terán un parque, que será construído por un Goberno do PP”, e subliñou que “a xente de Samieira sabe que quen vela polos seus intereses e traballa por mellorar a parroquia é o Partido Popular de Poio”.