Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Eduardo Ruadas García, presidente da nova xestora do Partido Popular de Barro

    •  O novo equipo será o encargado de reforzar a estrutura de partido, seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

     

    31, maio, 22.- Tras varias reunións con afiliados e responsables do partido en Barro, nas que se expoñía a necesidade de renovación, o PP de Pontevedra decidiu designar a Eduardo Ruadas García novo presidente da xestora do Partido Popular de Barro. Liderará así un equipo que será o encargado de reforzar a estrutura do partido, seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

    Así se decidiu onte na reunión mantida con afiliados en Barro, á que asistiron o secretario xeral do PP de Pontevedra, Luis López, e o coordinador comarcal do partido, Alberto Acuña, así como alcaldes e concelleiros doutros concellos limítrofes.

    Luis López aproveitou a súa intervención para pedir unidade no partido, traballo ao novo equipo e coordinación co grupo municipal. Asemade, agradeceu a labor de José Antonio Landín durante todo estes anos, así como a todos os concelleiros e membros da anterior executiva local.

     “É o momento de cambios, de apostar por un novo proxecto ilusionante do que forman parte todos os afiliados e todos os veciños que se senten próximos ao noso partido, hai que recuperalos porque aquí todos sumamos”, explicou.

    Pola súa parte, Ruadas agradeceu a confianza en nome de todos os integrantes da nova xestora, e comprometeuse a traballar duro para recuperar o apoio dos veciños de Barro. Convidou ademais a todas as persoas que nalgún momento formaron parte do Partido Popular a sumarse de novo ao partido. “Quero contar con todo o mundo e non se vai excluír a ninguén, todo o contrario”.

    Xunto a Eduardo Ruadas, forman parte da nova xestora Miguel Batallán, como vicepresidente; Tania Búa, como secretaria; Víctor Sánchez, vicesecretario; e Alberto Diz -concelleiro do grupo municipal-, Martín Couso e Roberto Magariños como vogais.

    Eduardo Ruadas García ten 64 anos, é veciño de Barro e empresario no sector da construción.